O 24 de xuño de 2021 tivo lugar o remate das clases do segundo semestre do curso 2020/2021 para o alumnado da 9ª promoción do MUA.
A actividade docente teórico-práctica impartiuse de forma presencial nas instalacións da Escola de Práctica Xurídica, cumpríndose todas as medidas de seguridade necesarias para garantir a seguridade de alumnado e docentes. Soamente durante o mes de febreiro a actividade docente foi impartida de forma telemática a través da plataforma en liña Microsoft Teams, debido a mala situación epidemiolóxica do COVID-19 que sucedía nese mes.
A dirección da Escola e a coordinación do Máster agradecer o esforzo e responsabilidade de todo o alumnado, docentes (académicos e externos) e personal de administración, que conseguiron que a docencia nas aulas e as simulacións de xuízos continuaran con normalidade de forma presencial e sen ningunha incidencia. Para conseguilo, foron decisivos os investimentos realizados pola Xerencia da USC na mellora das instalacións (aulas e sala de audiencias), así como da Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia e da AMTEGA na dotación de material informático para a segunda sala de xuízos.