TRABALLO FIN DE MÁSTER
O 30 de abril de 2021 tivo lugar a adxudicación ao alumnado das prazas ofertadas nas diferentes especialidades xurídicas para cursar a materia obrigatoria do plan de estudos “Traballo de Fin de Máster”, durante o curso 2021/2022. O alumnado da 9ª promoción alcanzou un acordo por consenso para a distribución das prazas.
As prazas ofertadas pola Comisión Académica do MUA (acordo do 10 de febrero de 2021) corresponderon ás seguintes especialidades:
- Práctica xurídica civil substantiva: 8
- Práctica xurídica civil procesual: 4
- Práctica xurídica mercantil: 10
- Práctica xurídica laboral: 10
- Práctica xurídica administrativa: 10
- Práctica xurídica penal substantiva: 8
- Práctica xurídica penal procesual: 4
PPEE DESPACHOS DE AVOGADOS I e II
Pola súa banda, o 31 de maio de 2021 ás 16:00 horas, tivo lugar una reunión telemática para a elección de Especialidades xurídicas correspondientes ás materias obrigatorias de «Prácticas externas en Despachos de Avogados I» e «Prácticas externas en Despachos de Avogados II», que o alumnado da 9ª promoción debe cursar durante o curso 2021/2022.
Ao non chegar o alumnado a un consenso, a elección tivo lugar seguindo o criterio establecido na guía docente, do expediente académico no Máster.
As prazas ofertadas pola Comisión Académica do MUA corresponderon ás seguintes especialidades:
- Civil: 20
- Mercantil: 9
- Laboral: 7
- Administrativo: 8
- Penal: 8
- Tributario: 2
O anterior non é óbice para que o despacho que definitivamente se asigne a cada alumno/a poida traballar asuntos correspondentes a algunha outra especialidade.
Os despachos de avogados que desexen solicitar algún alumno en concreto do MUA para cursar estas materias teñen de prazo ata o 20 de xuño, para realizar a correspondente solicitude formal e motivada á dirección da EPJ, sendo a Comisión Académica a encargada de aprobar ou rexeitar tales solicitudes.