O acto celébrase, a petición reiterada dun grupo de alumnos da promoción e respectando en todo momento o «Protocolo para Actos de Graduación» aprobado recentemente pola USC. Estimado alumnado da 8ª promoción (2019/2021) do MUA SANTIAGO, poderán asistir os/as alumnos/as da 8ª promoción que o desexen. A invitación esténdese tamén ao alumnado da 7ª promoción cuxo acto de Fin de Máster tivo que suspenderse a última hora (en marzo de 2020) por mor da pandemia. Ademais, asistirá unha representación reducida de autoridades académicas e profesionais, e de docentes, titores e profesionais colaboradores. Para os familiares o acto retransmitirase en directo a través da ferramenta Microsoft Teams. Tamén poderá seguir o acto a través de Teams o alumnado que non poida asistir ao recinto, así como o profesorado e profesionais que por razóns de capacidade do recinto non poidan seguilo desde o Salón Nobre.
Con este acto sinxelo e entrañable, preténdese que o alumnado da 8ª e 7ª promoción do MUA teña a posibilidade de celebrar o final desta etapa formativa na que investiu ano e medio da súa vida, e que non puido ter lugar no seu momento por mor da pandemia. Tamén será recoñecido o labor de determinadas persoas e institucións que veñen prestando unha destacada e desinteresada colaboración á Escola de Práctica Xurídica.
INFORMACIÓN PARA AS PERSOAS ASISTENTES
- A asistencia do alumnado debe ser comunicada ao correo electrónico epjdir@usc.es, antes do día 19 de xuño. So poderán asistir ao acto as persoas acreditadas, que previamente teñan confirmado a súa asistencia.
- Non asistir en caso de presentar síntomas compatibles coa COVID-19, ter sido diagnosticado/a de COVID-19 e non ter rematado o período de illamento ou estar en situación de corentena domiciliaria por exposición á COVID-19.
- No caso de pertencer a un grupo de poboación considerada como vulnerable para COVID-19 deberán seguir as indicacións do seu médico/a.
- En todo momento será obrigatorio o uso da máscara e o mantemento da distancia de seguridade de 1,5 metros: a entrada, a saída, durante a asistencia ao acto e durante a permanencia en calquera das dependencias universitarias.
- Manter a distancia de seguridade con outras persoas de 1,5 metros como mínimo.
- Lavado/desinfección das mans á entrada e saída do acto e no caso de utilización dos aseos ou contacto con obxectos e superficies compartidas.
- Non se compartir obxectos persoais.
- Evitar o saúdo con contacto físico. Non dar a man nin bicarse.
- Tusir ou esbirrar coa máscara posta. De ter que quitala, taparase a boca e o nariz cun pano dun só uso ou, no seu defecto, coa parte interior do cóbado.
- Cumprir coas indicacións de sinalización colocada no espazo e coas instrucións que, de ser o caso, se transmitan en relación coa COVID-19.
- Cumprir co disposto na Guía de actuación fronte á COVID-19 para centros e persoal da USC con traballo presencial.
- Existirá un rexistro dos datos das persoas asistentes (e situación).
INFORMACIÓN PARA SEGUIR O ACTO POR TEAMS
O alumnado debe solicitar incorporarse á retransmisión do acto, por correo electrónico (epjdir@usc.es) antes do día 19 de xuño. A invitación enviarase nos seguintes días.