A Escola de Práctica Xurídica e o Ilustre Colexio de Procuradores de Santiago están a organizar un Curso de formación continuada sobre Violencia de Xénero dirixido aos procuradores/as e (Oficiais) pertencentes ao Ilustre Colexio de Procuradores de Santiago de Compostela.

As sesións que conforman o curso celebraranse o 19 e o 26 de novembro de 2021 no salón de graos da facultade de Dereito.

Os obxectivos desta segunda edición, organizada co apoio da Consellería de Emprego e Igualdade (Xunta de Galicia) e do Ministerio de Igualdade (Goberno de España), e impartida por un equipo docente interdisciplinar e con ampla experiencia, son: continuar ofrecendo aos profesionais da procura do Ilustre Colexio de Procuradores de Santiago de Compostela, en canto colaboradores da Administración de Xustiza, coñecementos legais e éticos, técnicas, habilidades e ferramentas necesarias para detectar e abordar este tipo de problemática con empatía e sensibilidade, evitando calquera fenómeno de victimización secundaria, e apoiándoas con boas prácticas na tramitación dos seus procesos ante os tribunais de xustiza.