Data de recepción da Oferta na EPX: 19 de xaneiro de 2023
Obxecto da Oferta: Selección de 4 exalumnos da EPX
Data final da Oferta: 23 de xaneiro de 2023
Información de interese:
– Os/as interesados/as poden chamar (881814675) ou enviar un correo electrónico (epjdir@usc.es) á EPX para ser tidos en conta no proceso de selección que realizará a Dirección da EPX.
– Traballo a realizar: Formar parte dun equipo coordinado por un profesional do dereito con ampla experiencia para revisar a parte xurídica dunhas fichas divulgativas dirixidas a un determinado colectivo profesional de ámbito galego.
– Tempo aproximado a investir nas tarefas de revisión: 2 días á semana (mañá e tarde) durante un mes.
– Inicio das tarefas: A primeira reunión do Equipo será a semana do 23 ao 27 de xaneiro de 2023.
– Compensación: Mención expresa como membro do equipo de traballo na correspondente publicación e pequena gratificación económica.