O Departamento de Recursos Humanos do Grupo QUATRIUM (sede central de Santiago de Compostela) vén de seleccionar a unha alumna da promoción 2020-2022 do Máster universitario en Avogacía impartido pola USC, o ICA Santiago e a Escola de Práctica Xurídica.
A recién egresada pasará a realizar prácticas remuneradas (Bolsa FEUGA) a xonada completa no Departamento xurídico desta empresa, a partir de mediados de xaneiro de 2023, realizando labores de manexo da normativa específica dos sectores farmaceútico e inmobiliario, participando na redacción de documentación xurídica, e prestando aopio no asesoramento ao cliente interno. Grupo Quatrium é unha compañía dedicada a ofrecer servizos globais aos sectores farmacéutico e inmobiliario. Actualmente, o Grupo está formado por 5 empresas: «Quatrium Inmobiliaria», que ofrece servizos globais e asesoramento inmobiliario, «FarmaQuatrium», líderes nacionais nos últimos tres anos consecutivos en xestión de compravenda de farmacias, «FarmaSoluciones», especializados en márketing farmacéutico, «FarmaVerita», expertos en analizar as compras da farmacia e «Laboratorios Ozoaqua», especializados en ofrecer solucións dermatolóxicas con Aceites Ozonizados.