CONVOCADA A PROBA DE ACCESO Á  AVOGACÍA 2023

Publicouse no BOE do 22 de marzo, a Orde PCM/270/2023, do 21 de marzo, pola que se convoca a proba de avaliación para o exercicio da profesión da avogacía para o ano 2023, que se celebrará en liña de maneira sincrona, a través da plataforma AVEX da UNED.

O prazo para a presentación de solicitudes de inscrición na avaliación será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no «Boletín Oficial do Estado».

En días a determinar polo Ministerio de Xustiza, que se anunciará coa debida antelación na súa páxina web, desenvolverase a fase demo, na que os aspirantes poderán acceder á plataforma AVEX da UNED a un exame proba para familiarizarse coa plataforma.

A data de celebración da proba publicitarase oportunamente polo Ministerio de Xustiza, podendo calcularse, segundo a experiencia doutros anos, que deberá transcorrer un período aproximado de tres meses desde a publicación da convocatoria ata o día de celebración da Proba.

Como en anos anteriores, cando se atope próxima a data de celebración da Proba de Avaliación (probablemente alá polo mes de xuño), a dirección da EPX programará varias Sesións de Titoría, por Especialidades Xurídicas, para apoiarlles na Preparación da referida Proba. Estas sesións, que serán presenciais e terán lugar nas instalacións da EPX, constitúen un bo complemento á preparación individual que cada interesado/a debe realizar. En principio, dedicaríanse dúas tardes a preparar a Parte Xeral da Proba («Materias comúns ao exercicio da profesión da Avogacía»), e unha tarde por cada unha das seguintes Especialidades (Civil-Mercantil; Penal; Laboral; Administrativo). Obviamente, ditas Sesións de preparación só terían lugar se existe un número mínimo de interesados/as en asistir ás mesmas.

A dirección da EPX poñerá tamén ao dispor dos integrantes da Promoción diversos Materiais para a preparación da Proba (publicados por varias editoriais), que poderán ser consultados nas instalacións da EPX ou solicitarse o seu préstamo por un día; os/as interesados/as en consultar o devandito Material poden poñerse en contacto cos servizos administrativos da Escola, a partir do 18 de abril.

Orden Convocatoria PCM-270-2023, de 21 de marzo (pdf. 264.07 KB)

Enlace a información das probas de acceso no Ministerio de Xustiza