O venres, 21 de abril de 2023, ás 19:00 h, terá lugar o tradicional ACTO INSTITUCIONAL da Escola de Práctica Xurídica de Santiago de Compostela, para Despedir á 10ª Promoción (2021/2023) do Máster universitario en Avogacía (impartido pola USC en colaboración co ColexIo da Avogacía de Santiago e a EPX) e recoñecer a colaboración das institucións e profesionais que participan nas actividades formativas da Escola, para que o alumnado da 10ª promoción do MUA teña a posibilidade de festexar, cun acto solemne e emotivo, o final da súa etapa formativa na que investiu ano e medio da súa vida.
O Acto terá lugar no Salón Nobre do Colexio de Fonseca (Travesía de Fonseca, Reitorado da USC). Asistirá ao mesmo: o alumnado da Promoción 2021/2023 acompañado dunha representación dos seus familiares; o alumnado da Promoción 2022/2024; unha representación do corpo docente (profesorado universitario, profesorado externo, titores/as de prácticas externas); a Comisión Académica da titulación, e unha representación de autoridades académicas, da administración de xustiza e das administracións públicas; en total, unhas 300 persoas.
O Acto contará tamén coa presenza do Fiscal Xeral do Estado, Excmo. Sr. D. Álvaro García Ortiz, antigo docente e titor da titulación.