As clases do MUA e do MUA SANTIAGO (impartido pola USC en colaboración co ICA e o ICP de Santiago e a Escola de Práctica Xurídica de Santiago) iniciarán, para o alumnado da 11ª promoción do MUA e 1ª promoción do MUAP (curso 2023/2024) o luns, 11 de setembro de 2023.
O alumnado da 1ª promoción do MUAP iniciará coas materias de «Iniciación ao exercicio profesional, deontoloxía e réxime de responsabilidade da avogacía e procuradoría» e «Técnicas e habilidades transversáis para o exercicio da avogacía e da procuradoría», ás 16h00, nas aulas de que dispón a EPX na Fcultade de Dereito (plata soto). Ver calendario de materias e clases na web da EPX (www.epxsantiago.org)
Previamente, o día 11 de setembro, ás 11h00, terá lugar unha Sesión de Acollida, dunha hora e media de duración, nas instalacións da Escola de Práctica Xurídica. A sesión ten unha gran importancia para un axeitado comezo das clases, polo que a asistencia se considera obrigatoria. Nela, darase a benvida aos estudos, informarase dos contidos programáticos do máster e da metodoloxía a seguir, as normas e regras que rexen o seu funcionamento, o horario dos servizos administrativos e de apoio…. e se tomarán certas decisións relativas ás prácticas externas e a outras actividades.
O alumnado da 11ª promoción do MUA incia coas materias de «Prácticas externas en Despachos de avogados I» e de «Traballo Fin de Máster». Ver calendario de materias e clases na web da EPX (www.epxsantiago.org)
Previamente, o día 11 de setembro, ás 9h00, terá lugar unha Sesión de Acollida, dunha hora e media de duración, nas instalacións da Escola de Práctica Xurídica. A sesión ten unha gran importancia para un axeitado comezo deste último semestre, polo que a asistencia se considera obrigatoria. Nela, darase a benvida á continuación dos estudos, informarase dos contidos programáticos das materias do semestre e da metodoloxía a seguir, as normas e regras que rexen o seu funcionamento, entregaranse os despachos asignados a cada alumno/a, así como o calendario e regulación do TFM, indicarase o horario dos servizos administrativos e de apoio…. e se tomarán certas decisións relativas ás prácticas externas e a outras actividades.
Como alumnado do MUAP e do MUA de SANTIAGO, e polo tanto usuarios da comunidade universitaria, dispoñen de credenciais de acceso para as aplicacións corporatias da USC, que van ser utilizadas na impartición do estudos do Máster (Secretaría Virtual, Correo Web, Campus Virtual, Biblioteca Universitaria, etc.). Por tal motivo, deben comprobar, antes do inicio das clases, que o seu usuario e contrasinal funcionan correctamente. De detectar algunha anomalía é importante comunicalo á maior brevidade ó teléfono 881 814 675.