O venres, 15 de marzo de 2024, ás 19:30 h, terá lugar o tradicional ACTO INSTITUCIONAL da Escola de Práctica Xurídica de Santiago de Compostela, para Despedir á 11ª Promoción (2022/2024) do Máster universitario en Avogacía (impartido pola USC en colaboración co Colexio da Avogacía de Santiago e a EPX) e recoñecer a colaboración das institucións e profesionais que participan nas actividades formativas da Escola, para que o alumnado da 11ª promoción do MUA teña a posibilidade de festexar, cun acto solemne e emotivo, o final da súa etapa formativa na que investiu ano e medio da súa vida.

O Acto terá lugar no Salón Nobre do Colexio de Fonseca (Travesía de Fonseca, Reitorado da USC). Asistirá ao mesmo: o alumnado da Promoción 2022/2024 acompañado dunha representación dos seus familiares; o alumnado da 1ª Promoción 2023/2025 do Máster universitario en Avogacía e Procuradoría; unha representación do corpo docente (profesorado universitario, profesorado externo, titores/as de prácticas externas); a Comisión Académica da titulación, e unha representación de autoridades académicas, da administración de xustiza e das administracións públicas; en total, unhas 300 persoas.