As solicitudes para presentarse finalizan o día 12 de xullo de 2024, ás 13h00.
Os Premios á Excelencia Cátedra Fundación Mutualidade recoñecen o esforzo daqueles/as estudantes do Máster Universitario de Acceso á Avogacía e Procuradoría que destacasen polo seu rendemento académico a través da presentación dun traballo.
Poden presentarse a estes Premios as persoas graduadas en Dereito ou doble Grao de Dereito que estean a cursar ou cursasen nos últimos 5 anos o Máster ou Curso de Acceso á Avogacía ao que se refire a Lei 34/2006 do 30 de outubro, sobre o acceso á profesións da Avogacía e Procuradoría que sexan Amigos da Fundación Mutualidade. As persoas candidatos non deben superar os 30 anos de idade no ano da convocatoria. Os traballos haberán de ser orixinais e inéditos, ter unha extensión de entre 30 e 50 páxinas, e versar sobre unha temática relacionada con calquera dos aspectos prácticos do exercicio profesional da avogacía, valorándose especialmente aqueles temas que supoñan un enfoque orixinal e novo da práctica do exercicio profesional, a súa evolución e a achega doutras disciplinas ao mesmo. Tamén se valorará positivamente a orixinalidade en relación cos temas premiados en edicións anteriores.
Establécense 3 premios, dotados economicamente con 6.000 €, 3.000 € e 1.500 € brutos, respectivamente. Ademais, os tres premiados beneficiaranse da gratuidade nas cotas da Mutualidade de Previsión Social a Prima Fixa na modalidade de Plan Universal (Sistema Profesional Alternativo ao Réxime de Autónomos para o exercicio da profesión) desde a entrega do premio ata o 31/12/2025; o reembolso do alta no Colexio da Avogacía no territorio no que o/a premiado/a exerce como avogado/a e das cotas na devandita corporación que se devindiquen ata o 31/12/2025; e entregaráselles diploma acreditativo da distinción obtida.
Ligazón páxina web Fundación Mutualidade – Premios á Excelencia Cátedra Fundación Mutualidade