As clases do MUAP SANTIAGO (impartido pola USC, o Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago e o Ilustre Colexio de Procuradores de Santiago en colaboración coa Escola de Práctica Xurídica de Santiago) iniciarán, para o estudantado da 3ª e 2ª promoción do MUAP (curso 2025/2026) o luns, 08 de setembro de 2025.
 
O estudantado da 3ª promoción do MUAP iniciará coas materias de «Iniciación ao exercicio profesional, deontoloxía e réxime de responsabilidade da avogacía e procuradoría» e «Técnicas e habilidades transversáis para o exercicio da avogacía e da procuradoría», ás 16h00, na aula 3 da EPX na Fcultade de Dereito (plata soto). Ver calendario de materias e clases na web da EPX (www.epxsantiago.org)
Previamente, o día 08 de setembro, ás 11h00, terá lugar unha Sesión de Acollida, dunha hora e media de duración, nas instalacións da Escola de Práctica Xurídica. A sesión ten unha gran importancia para un axeitado comezo das clases, polo que a asistencia se considera obrigatoria. Nela, darase a benvida aos estudos, informarase dos contidos programáticos do máster e da metodoloxía a seguir, as normas e regras que rexen o seu funcionamento, o horario dos servizos administrativos e de apoio…. e se tomarán certas decisións relativas ás prácticas externas e a outras actividades.
 
O estudantado da 2ª promoción do MUAP incia coas materias de «Prácticas externas II: Despachos de avogacía e/ou procura» e de «Traballo Fin de Máster». Ver calendario de materias e clases na web da EPX (www.epxsantiago.org)
Previamente, o día 08 de setembro, ás 9h00, terá lugar unha Sesión de Acollida, dunha hora e media de duración, nas instalacións da Escola de Práctica Xurídica. A sesión ten unha gran importancia para un axeitado comezo deste último semestre, polo que a asistencia se considera obrigatoria. Nela, darase a benvida á continuación dos estudos, informarase dos contidos programáticos das materias do semestre e da metodoloxía a seguir, as normas e regras que rexen o seu funcionamento, entregaranse os despachos asignados a cada estudante, así como o calendario e regulación do TFM, indicarase o horario dos servizos administrativos e de apoio…. e se tomarán certas decisións relativas ás prácticas externas e a outras actividades.
 
Como estudantado do MUAP de SANTIAGO, e polo tanto usuarios da comunidade universitaria, dispoñen de credenciais de acceso para as aplicacións corporatias da USC, que van ser utilizadas na impartición do estudos do Máster (Secretaría Virtual, Correo Web, Campus Virtual, Biblioteca Universitaria, etc.). Por tal motivo, deben comprobar, antes do inicio das clases, que o seu usuario e contrasinal funcionan correctamente. De detectar algunha anomalía é importante comunicalo á maior brevidade ó teléfono 881 814 675.