ACTO INSTITUCIONAL DA ESCOLA DE PRÁCTICA XURÍDICA – 13 de maio de 2026 

O venres, 13 de maio de 2026, ás 19:00 h, tivo lugar o tradicional ACTO INSTITUCIONAL da Escola de Práctica Xurídica de Santiago de Compostela, que reuniu a máis de 200 persoas,  para Despedir á 2ª Promoción (2023-2025) do Máster universitario en Avogacía e Procuradoría (impartido pola USC en colaboración cos Colexio da Avogacía e de Procuradores de Santiago e a Escola de Práctica Xurídica) e para recoñecer a colaboración das institucións e profesionais que participan nas actividades formativas da Escola.

O Acto tivo lugar no Salón Nobre do Colexio de Fonseca (Travesía de Fonseca, Reitorado da USC) e contou coa presenza de representantes da universidade, do colexio da avogacía de Santiago, do colexio de procuradores de Santiago, da consellería de xustiza, da xudicatura e da fiscalía compostelana, da administración local, das forzas e corpos de seguridade (policía nacional, policía autonómica, garda civil, policía local), etc.

Asistiron tamén ao acto os estudantes da Promoción 2024-2026 acompañados dunha importante representación dos seus familiares; os estudantes da terceira promoción do Máster universitario en Avogacía e Procuradoría (2025-2027); é unha representación do corpo docente formado por profesorado universitario, profesionais colaboradores externos e titores/as de prácticas externas; a Comisión Académica da titulación… en total, maís de 200 persoas.

Entre as personalidades que asistiron ao acto atópanse o Delegado do Goberno en Galicia, a Secretaría xeral da USC, o Presidente do Consello da Avogacía de Galicia, a Secretaria do Consello Galego dos Procuradores, a Presidenta do Tribunal de Instancia de Santiago, a Decana da Facultade de Dereito, o Decano do Colexio de Avogacía de Santiago, o Decano do Colexio de Procuradores de Santiago, o Comisario xefe da Policía autonómica (Unidade adscrita) a Comisaria xefe do CNP en Santiago, a Delegada territorial na Coruña da Consellería de Presidencia e Xustiza, etc.

No transcurso do acto, foi obxecto dun recoñecemento especial, polos anos dedicados á colaboración coa Escola, Dª María Dolores Rivera Frade, egresada e docente da Escola e do Máster, Titora de prácticas externas, membro de Tribunais de avaliación dos estudos formativos, ascendida a maxistrada do Tribunal Supremo de España (Sala do Contencioso-administrativo) en novembro de 2025.

O acto estivo amenizado por un dúo musical (piano e cantante de ópera) que interpretaron varias cancións do repertorio musical galego clásico.