En breve, abrirase o prazo para reservar unha das 60 prazas que oferta o MUAP, impartido pola Universidade de Santiago, o Colexio de Avogacía, o Colexio de Procuradores e a Escola de Práctica Xurídica.
O MUAP constitúe actualmente a única vía para obter o título que habilita para o exercicio das profesións da avogacía e de procúraa. Está adaptado ás esixencias que contempla a Lei 34/2006 e permite tamén acceder aos estudos de doutoramento.
O seu programa formativo é un dos máis completos e esixentes dos que se imparten no Estado español. As clases impártense nas modernas e funcionais instalacións de que dispón a Escola de Práctica Xurídica, mediante unha metodoloxía activa e participativa; destacando a realización de xuízos simulados en todas as materias, así como a diaria elaboración de escritos e actividades profesionais.
A duración do Máster é de 90 ects (ano e medio: setembro do 2026 a febreiro de 2028). As clases son presenciais, en horario de tarde, impartidas por profesorado universitario (40%: aproximadamente 20-25 docentes) e externo (60%: aproximadamente 60-70 docentes). As prácticas externas (750 h) desenvólvense en asesorías xurídicas de administracións públicas, tribunais, fiscalía (en horario de mañá), despachos de profesionais da avogacía e de procuradoría (en horario de mañá e de tarde), contando con preto de 100 titores/as profesionais.
A EPX dispón dun servizo de ofertas laborais, destinado a potenciar a empregabilidade dos estudantes do MUAP. O grao de inserción laboral sitúase en porcentaxes que roldan o 75% ao ano de finalizar os estudos.
Máis información na web epxsantiago.org; no correo electrónico: epjdir@usc.es; no teléfono 881814675.
Ver tamén vídeo promocional colgado na web: epxsantiago,org