DATA PROBA DE ACCESO Á AVOGACÍA – 2 DE XULLO DE 2026
Publícase a data de celebración da proba de avaliación da aptitude profesional para o exercicio da profesión da Avogacía que se realizarán o día 2 de xullo de 2026 ás 9.00 horas.
A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas á proba de avaliación da aptitude profesional para o exercicio da profesión da Avogacía do ano 2026, convocada por Orde PJC/298/2026, do 24 de marzo, están publicadas e poden consultarse na web do Ministerio de Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes.
Infórmase que proximamente será publicado o manual onde se indicarán a forma de obtención dos códigos para o acceso á plataforma Avex da Uned, para a realización do exame correspondente á convocatoria de acceso á profesión de Avogacía 2026.
¡¡IMPORTANTE!! Conforme o apartado 11 da Orde de Convocatoria, os códigos poderán obterse a partir do día 25 de xuño e ata o 1 de xullo. Este código deberano conservar coidadosamente xa que será imprescindible para acceder o día do exame á plataforma.
Os códigos obtéñense a través da ligazón:
https://entrada.aulavirtualexamenes.es
Unha vez realizado o exame, unicamente o día 3 de xullo, poderase acceder á visualización e descarga dos exames, así como á descarga do certificado de realización de cada un dos exames.