Máster oficial en Avogacía 2017-2019

BOLSAS DE COLABORACIÓN

Convocatoria polo Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de 10 bolsas de colaboración para o curso 2017-2018 para os alumnos/as das actividades formativas que imparte ou nas que colabora a Escola de Práctica Xurídica, financiadas polo propio Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.

  • Solicitantes. – Poderán solicitar as bolsas de colaboración os alumnos/as das actividades formativas que  imparte ou nas que colabora a Escola.
  •  Nº de Bolsas.- 10
  • Contía das bolsas.- 300 €
  • Duración da colaboración.- 150 horas
  • Prazo de solicitude.- do 04 ao 06 de setembro de 2017

Exención de vinculación laboral: sen efectos xurídico laborais entre o bolseiro, a entidade patrocinadora ou a Escola de Práctica Xurídica.

Documentación a acompañar:*

  • Curriculum vitae,
  • Fotocopia do libro de familia,
  • Copia completa da declaración do IRPF, referida ao ano 2016 dos membros que constitúen a unidade familiar a que pertence o solicitante, xunto coa folla de liquidación de ingresos selada pola entidade bancaria ou Delegación de Facenda na que foi presentada.

* A documentación deberá entregarse no Negociado da Escola de Práctica Xurídica.

Corresponde a Xerencia do ICA aclarar as normas presentes e ditar as precisas para o seu desenvolvemento

Impreso solicitude Bolsa 2017