Máster oficial en Avogacía 2017-2019

PRÁCTICAS EN CONCELLOS

Ao amparo do Convenio de Colaboración entre a Escola de Práctica Xurídica e a Deputación da Coruña para a realización de prácticas profesionais, existen 20 prazas para realizar prácticas externas voluntarias en concellos* da provincia da Coruña, nos seus departamentos de urbanismo.

*(a seleccionar, en función da dispoñibilidade dos concellos e do lugar de procedencia dos alumnos/as, entre os concellos que teñen asinado convenio de colaboración na actualidade: Ames, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boiro, Boqueixón, Brión, Camariñas, Coristanco, Dodro, Ferrol, Laracha, Lousame, Melide, Narón, Negreira, Noia, Ordes, Oroso, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Santiago de Compostela, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra)

As prácticas realizaránse durante os meses de setembro a decembro de 2017, en horario de maña, compatibles cos horarios do Máster, e que permiten percibir unhas axudas por gastos de desprazamento e outros conceptos.

O comenzo das prácticas será a partir do día 11 de setembro de 2017, e os interesados deben acudir as instalacións da Escola de Práctica Xurídica entre os días 4, 5 e 6 de setembro de 2017, para formalizar o seu compromiso de realizar ditas prácticas no concello que lle sexa adxudicado pola coordinación durante o período e as condicións que lles foron comunicadas persoalmente. As prazas adxudicaranse por orde de solicitude.

Trátase dunha oportunidade que ofrece a Escola para incrementar a experiencia práctica e profesional dos alumnos do Máster.