Máster oficial en Avogacía 2014-2016
PRAZAS
Para a selección dos estudantes admitidos no máster, as solicitudes ordenaranse, dentro de cada cota e de cada grupo de titulacións coa mesma orde de prelación segundo a nota media do expediente académico.
No caso de que non se matriculasen todos os alumnos admitidos, si hai listaxe de agarda, as prazas vacantes asignaranse entre os alumnos da listaxe de agarda por orde de matrícula no prazo que vai do 26 ao 29 de agosto de 2014, ata completar o número total de prazas ofertadas.
Se rematado este prazo quedaran vacantes (naquel caso de que haxa menos solicitudes que prazas), non haberá listaxe de agarda, e o alumnado sen solicitude previa poderá matricularse por orde de inscrición ata que se cubran as prazas ou ata o fin do prazo de vacantes que vai dende o 26 de agosto ao 19 de setembro de 2014.