Máster oficial en Avogacía e Procuradoría
2025-2027
EQUIPO DOCENTE
A) Curso de formación
A Lei 34/2006, do 30 de outubro, sobre o acceso ás profesións da Avogacía e de Procuradoría, modificada pola Lei 15/2021, dispón no seu art. 4.4°, que regulamentariamente establecerase “… a titulación e cualificación do profesorado, de modo que quede garantida a presenza da metade, polo menos, de profesionais colexiados ejercientes”.
Pola súa banda, o RD 64/2023, do 8 de febreiro, que desenvolve a Lei 34/2006, concreta, no seu art. 12, que “1. O persoal docente de todos os cursos de formación debe ter unha composición equilibrada entre profesionais da avogacía e de procuradoría, por unha banda, e profesores e profesoras de universidade, por outra, de forma que quede garantida a participación dos primeiros en polo menos a metade da docencia impartida. Dentro do grupo de profesionais da avogacía e procuradoría, manterase unha proporción axustada aos contidos de cada profesión no plan de estudos. 2. Ademais, os e as profesionais da avogacía e procuradoría que integren o persoal docente deberán estar colexiados como ejercientes polo menos durante os tres anos anteriores e os profesores e profesoras de universidade deberán ter unha relación estatutaria ou contractual estable cunha universidade”.
Deste xeito, conforme o convenio de colaboración asinado entre a USC, o Colexio de Avogacía de Santiago e o Colexio de Procuradores de Santiago, o persoal docente do denominado “curso de formación” do “Máster universitario en Avogacía e Procuradoría” estará integrado por:
- un 40% de profesorado universitario contratado ou funcionario.
- un 60% de profesorado pertencente á Avogacía, Procuradoría e outras profesións de relevancia xurídica para a formación dos futuros profesionais da Avogacía e da Procuradoría.
Tanto o Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela como o Colexio de Procuradores de Santiago de Compostela, achegan, dentro do seu censo de colexiados, o número de profesionais da Avogacía e de Procuradoría suficiente, polo seu grao de dedicación, cualificación e experiencia, para impartir docencia nas diferentes materias que integran o plan de estudos da titulación, na proporción que establece o art. 4.4° da Lei 34/2006. No caso dos profesionais da Avogacía, a media de experiencia profesional do colectivo supera os 15 anos de colexiación, todos eles presentan acreditado prestixio profesional e ampla experiencia docente. Nos profesionais de Procuradoría, trátase de colexiados ejercientes cunha experiencia profesional media superior aos 10 anos, moitos deles con experiencia docente en diferentes actividades formativas relacionadas coa titulación.
O profesorado que imparte ás materias dos Módulos I e II do Plan de Estudos do Máster para o curso 2025-2026 da promoción 2025-2027 é o seguinte:
Módulo I: INICIACIÓN AO EXERCICIO PROFESIONAL, DEONTOLOXÍA E TÉCNICAS TRANSVERSAIS.
P3342101 – INICIACIÓN AO EXERCICIO PROFESIONAL, DEONTOLOXÍA E RÉXIME DE RESPONSABILIDADE DA AVOGACÍA E DA PROCURADORÍA
-
- MANUEL ARZA GALÁN, Avogado. Secretario técnico do Colexio de Avogados de Santiago
- CECILIA BARROS DÍAZ, Avogada. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
- JAVIER CONSTENLA VEGA, Avogado. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
- FERNANDO GONZÁLEZ-CONCHEIRO ÁLVAREZ, Procurador. Ilustre Colexio de Procuradoes de Santiago de Compostela.
- ANA MARÍA MARTÍN GARCÍA, Procuradora. Ilustre Colexio de Procuradoes de Santiago de Compostela.
- MANUEL MERELLES PÉREZ, Procurador. Ilustre Colexio de Procuradoes de Santiago de Compostela.
- JOSÉ ANTONIO PENA BEIROA, Economista e administrador concursal
- RAMÓN QUINTELA MIRAMONTES, Avogado. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
- VICTORIA REGUEIRA RODRÍGUEZ, Letrada da Seguridade Social
- JORGE ROMERO RIVERA, Avogado. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
- MARÍA JESÚS VIEITO MAYO, Avogada e membro da Xunta de Goberno. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
P3342102 – TÉCNICAS E HABILIDADES TRANSVERSAIS PARA O EXERCICIO DA AVOGACÍA E DA PROCURADOR
-
- JAVIER CONSTENLA VEGA, Avogado. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
- XAQUÍN DOMÍNGUEZ, Actor.
- GERARDO GÁNDARA MOURE, Avogado. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
- ALBERTO MÍGUEZ GÓMEZ, Procurador. Ilustre Colexio de Procuradores de Santiago de Compostela.
- ARACELI DEL RIO OTERO, Avogada. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
- ANTONIO ROMA VALDÉS, Fiscal. Fiscal xefe da Fiscalía da área de Santiago de Compostela.
- MARÍA ÁNGELES SANMARTÍN MÉNDEZ, Procuradora. Ilustre Colexio de Procuradores de Santiago de Compostela.
- JOSÉ MANUEL SENDÍN RODRÍGUEZ, Avogado. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
- LOTARIO VILABOY LOIS, Profesor titular de Dereito Procesual da USC
- MAR VIVERO VIZOSO, Avogada. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
P3342103 – PRÁCTICA XURÍDICA EXTRAXUDICIAL E MEDIOS ADECUADOS DE SOLUCIÓN DE CONFLITOS XURÍDICO
-
- SANTIAGO BOTAS RAMOS, Notario
- JOSE CARLOS GARCÍA CUMPLIDO, Avogado. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
- ELENA GÓMEZ-SEGADE GONZÁLEZ, Avogada. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.Mediadora
- LAURA LORENZO ARCEO, Procuradora. Ilustre Colexio de Procuradores de Santiago de Compostela.
- GIL VICENTE MATOSES ASTRUELL, Rexistrador da propiedade
- MANUEL MERELLES PÉREZ, procurador, Ilustre Colexio de Procuradores de Santiago de Compostela. Mediador
- MARÍA JESÚS OTERO ÁLVAREZ, Procuradora. Ilustre Colexio de Procuradores de Santiago de Compostela. Mediadora
- LAURA OTERO RODRÍGUEZ, Avogada. Ilustre Colexio de Procuradores de Santiago de Compostela
- ESTHER PÉREZ MARCOS, Avogada. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela. Mediadora
- JOSÉ MARÍA PITA PONTE, Xefe do Servizo de Protección ao Consumidor do IGC da Xunta de Galicia
- MARGARITA RUÍZ NÚÑEZ, Avogada. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela
- JOSÉ MANUEL SILVOSA TALLÓN, Letrado da Administración de Xustiza
- ALMUDENA VALIÑO CES, Profesora axudante doutora LOU de Dereito Procesual da USC
Módulo II: PRÁCTICA XURÍDICA. ASESORAMENTO E LITIGACIÓN
P3342104 – PRÁCTICA XURÍDICA CIVIL I. LITIGACIÓN
-
- SANTIAGO ÁLVAREZ GONZÁLEZ, catedrático de Dereito Internacional Privado da USC
- JUAN JOSÉ ABEAL RODRÍGUEZ, Avogado. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
- JUAN CARLOS CARBALLAL PARADELA, Maxistrado (Xulgado de Instrución núm. 4 de Vigo)
- SANDRA MARÍA IGLESIAS BARRAL, Maxistrado (Xulgado de Primeira Instancia núm. 4 de Santiago)
- JESÚS WALDO MAROÑO GARGALLO, Avogado. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
- MARÍA JESÚS OTERO ÁLVAREZ, Procuradora. Ilustre Colexio de Procuradores de Santiago de Compostela.
- MARGARITA RUÍZ NÚÑEZ, Avogado. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
- JOSÉ MANUEL SILVOSA TALLÓN, Letrado da Administración de Xustiza
- LORENA TALLÓN GARCÍA, Maxistrada (Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Noia)
- MARÍA JESÚS VIEITO MAYO, Avogada. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
- LOTARIO VILABOY LOIS, Profesor titular de Dereito Procesual da USC
P3342105 – PRÁCTICA XURÍDICA CIVIL II. ASESORAMENTO E LITIGACIÓN.
-
- JULIA AMMERMAN YEBRA, Profesora axudante doutora de Dereito Civil da USC
- LUZ BLANCO VIDAL, Avogada. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
- JUAN CARLOS CARBALLAL PARADELA, Maxistrado (Xulgado de Instrución nº 4 de Vigo)
- MARÍA FERNÁNDEZ ESCUDERO, Avogada. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
- CARLOS A. GARCÍA NOVIO, Avogado. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
- JESÚS WALDO MAROÑO GARGALLO, Avogado. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
- JAVIER MASEDA RODRÍGUEZ, Profesor titular de Dereito Internacional Privado da USC
- ALEJANDRO OTERO GULDRÍS, Avogado. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
- ANA RODRÍGUEZ ÁLVAREZ, Profesora contratada doutora de Dereito Procesual da USC
- ARACELI DEL RÍO OTERO, Avogada. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
- Mª DE LOS ÁNGELES SANMARTÍN MÉNDEZ, Procuradora. Ilustre Colexio de Procuradores de Santiago de Compostela.
- ALMUDENA VALIÑO CES, Profesora axudante doutora LOSU de Dereito Procesual da USC
- MARTA SIXTO TEJO, Fiscal da Fiscalía de Área de Santiago de Compostela
- ROBERTO SOTO SOLA, Maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia nº 6 de Santiago de Compostela
P3342106 – PRÁCTICA XURÍDICA MERCANTIL. ASESORAMENTO E LITIGACIÓN
-
- MARÍA DEL CARMEN CASTRO PÉREZ, Maxistrada (Xulgado do Mercantil nº 3 A Coruña)
- JAVIER CONSTENLA VEGA, Avogado. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela
- MARÍA DEL CARMEN GONZÁLEZ FERRO, Avogada. Ilustre Colexío de Avogacía de Santiago de Compostela. Profesora asociada de Dº Mercantil da USC
- MARÍA FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, Avogada. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela
- JOSÉ LUIS MARTÍNEZ-OLIVARES GÓMEZ, Avogado. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela. Profesor asociado de Dº Mercantil da USC.
- JOSÉ ANTONIO MONTERO VILAR, Avogado. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela. Profesor asociado de Dº Mercantil da USC.
- SANDRA MÍGUEZ FUENTES, Procuradora. Ilustre Colexio de Procuradores de Santiago de Compostela.
- CRISTINA PEDROSA LEIS, Profesora asociada de Dº Mercantil da USC e avogada (ICA Santiago)
- ANTONIO ROMA VALDÉS, Fiscal (Fiscal xefe da Fiscalía da área de Santiago)
- MARÍA SALOMÉ MARTINEZ BOUZAS, Maxistrada (Xulgado do Mercantil nº 2 A Coruña)
P3342107 – PRÁCTICA XURÍDICA LABORAL I. ASESORAMENTO E LITIGACIÓN
-
- YOLANDA MANEIRO VÁZQUEZ, Catedrática de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da USC
- PAULA MÉNDEZ DOMÍNGUEZ, Maxistrada (Xulgado do Social nº 1 de Santiago de Compostela)
- ALBERTO MÍGUEZ GÓMEZ, Procurador. Ilustre Colexio de Procuradores de Santiago de Compostela
- LAURA OTERO RODRÍGUEZ, Avogada. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
- ÓSCAR RODRÍGUEZ MALLO, Avogado. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
- PAULA VENTOSA BERMÚDEZ, Maxistrada (Xulgado do Social nº 3 de Santiago de Compostela)
P3342108 – PRÁCTICA XURÍDICA LABORAL II. ASESORAMENTO E LITIGACIÓN
-
- EMILIO FERNÁNDEZ DE MATA, Maxistrado (Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia)
- LIDIA DE LA IGLESIA AZA, Profesora interina de Dereito do Traballo e Seguridade Social USC
- ALBERTO MÍGUEZ GÓMEZ, Procurador. Ilustre Colexio de Procuradores de Santiago de Compostela.
- LAURA OTERO RODRÍGUEZ, Avogada. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
- VICTORIA REGUEIRA RODRÍGUEZ, Letrada da Seguridade Social
- PAULA VENTOSA BERMÚDEZ, Maxistrada (Xulgado do Social nº 3 de Santiago de Compostela)
P3342109 – PRÁCTICA XURÍDICA ADMINISTRATIVA I. LITIGACIÓN
-
- ANDREA GARRIDO JUNCAL, Profesora contratada doutora de Dereito Administrativo da USC
- DOLORES RIVERA FRADE, Maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
- JAVIER SÁNCHEZ-AGUSTINO MARIÑO, Avogado. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
- SUSANA SÁNCHEZ BARREIRO, Procuradora. Ilustre Colexio de Procuradores de Santiago de Compostela.
- NATALIA SOLAR JIMENO, Letrada da Xunta de Galicia
- JUAN JOSÉ VARELA FERREIRO, Avogado. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
- LUIS VÁZQUEZ FORNO, Letrado da Xunta de Galicia
- CARMEN VEIRAS SUÁREZ, Maxistrada do Xulgado do Cont.-Admvo. nº 1 de Santiago
- JORGE ROMERO RIVERA, Avogado. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
P3342110 – PRÁCTICA XURÍDICA ADMINISTRATIVA II. ASESORAMENTO E LITIGACIÓN
-
- ULISES BÉRTOLO GARCÍA, Avogado. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
- PAULO LÓPEZ PORTO, Avogado. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
- DOLORES RIVERA FRADE, Maxistrada (Sala Cont.-Admvo. Tribunal Serior de Xustiza de Galicia)
- LUIS JAIME RODRÍGUEZ FDEZ, Xefe do Servizo de Patrimonio e Contratación Deputación da Coruña
- JORGE ROMERO RIVERA, Avogado. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
- ANTONIO ROMA VALDÉS, Fiscal (Fiscal xefe da Fiscalía da área de Santiago)
- SUSANA SÁNCHEZ BARREIRO, Procuradora. Ilustre Colexio de Procuradores de Santiago de Compostela.
- XOSÉ ANTÓN SARMIENTO MÉNDEZ, Profesor asociado LOU de Dereito Administrativo da USC
- NATALIA SOLAR JIMENO, Letrada da Xunta de Galicia
- JAVIER SUÁREZ GARCÍA, Avogado do Estado.
- ÁNGEL SUÁREZ LOSADA, Avogado. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
- YOLANDA TEIXIDO INFANTE, Xefa do Servizo de Licenzas e Disciplina do Concello da Coruña.
- CARMEN VIERAS SUÁREZ, Maxistrada, (Xulgado do Cont.-Admvo. nº 1 de Santiago de Compostela)
- LUIS VÁZQUEZ FORNO, Letrado da Xunta de Galicia
P3342111 – PRÁCTICA XURÍDICA TRIBUTARIA, CONSTITUCIONAL, INTERNACIONAL E DA UNIÓN EUROPEA. ASESORAMENTO E LITIGACIÓN
-
- MIGUEL ENRIQUE ARENAS MEZA, Profesor contratado doutor da área de Dereito internacional público e relacións internacionais da USC
- JOSÉ JULIO FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, Catedrático de Dereito Constitucional da USC
- JUAN JOSE NIETO MONTERO, Catedrático de Dereito financeiro e tributario da USC
- MANUEL MERELLES PÉREZ, Procurador. Ilustre Colexio de Procuradores de Santiago de Compostela.
- BEATRIZ PENA DOMÍNGUEZ, Avogada. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela
- JOSÉ ANTONIO PENA BEIROA, Economista e administrador concursal
- DAVID PLATERO LÓPEZ DE TURISO, Avogado. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
- MARIANO SIERRA RODRÍGUEZ, Avogado. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
- CARLOS TEIJO GARCÍA, Profesor titular de Dereito internacional público e relacións internacionais da USC
P3342112 – PRÁCTICA XURÍDICA PENAL I. LITIGACIÓN
-
- CRISTINA ALONSO SALGADO,Profesora contratada doutora de Dereito Procesual da USC
- RAQUEL ÁLVAREZ BARREIRO, Fiscal (Fiscalía da área de Santiago de Compostela)
- Mª DE LOS ÁNGELES CATALINA BENAVENTE, Profesora contratada doutora de Dereito Procesual da USC
- MARTA DOMELO GÓMEZ, Procuradora. Ilustre Colexio de Procuradores de Santiago de Compostela.
- JOSÉ GÓMEZ REY, Maxistrado (sección sexta de Santiago da Audiencia Provincial da Coruña)
- MARÍA BELÉN HOSPIDO LOBEIRAS, Avogada. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
- RICARDO ANTONIO LÓPEZ FERNÁNDEZ, Maxistrada (Xulgado de Instrución nº 1 de A Estrada)
- CARLOS MARTÍNEZ CARRILLO, Avogado. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
- CRISTINA NAVARES VILLAR, Maxistrada (Audiencia Provincial de Pontevedra, sección cuarta)
- ANTONIO ROMA VALDÉS, Fiscal (Fiscalía da área de Santiago de Compostela)
- MAR VIVERO VIZOSO, Avogada. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela.
- MARTA SIXTO TEJO, Fiscal (Fiscalía da área de Santiago de Compostela)
P3342113 – PRÁCTICA XURÍDICA PENAL II. ASESORAMENTO E LITIGACIÓN.
-
- LUIS ALÁEZ LEGERÉN, Maxistrado (Xulgado do Penal nº 1 de Santiago de Compostela)
- BEATRIZ ALFONSO ESPIÑEIRA, Xurista do corpo superior de Técnicos de Institucións Penitenciarias
- RAQUEL ÁLVAREZ BARREIRO, Fiscal (Fiscalía da Área de Santiago de Compostela)
- ANA BELÉN CAJOTO BERDEAL, Letrada da Administración de Xustiza (Xulgado Vixilancia Peitenciaria Lugo)
- MARIA CASTRO CORREDOIRA, Profesora axudante doutora LOSU de Dereito Penal da USC
- Mª ÁNGELES CATALINA BENAVENTE, Profesora contratada doutora de Dereito Procesual da USC
- FEDERICO JACOBO COLLAZO MARTÍNEZ, Avogado. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela
- MARTA DOMELO GÓMEZ, Procuradora. Ilustre Colexio de Procuradores de Santiago de Compostela
- ALEJANDRA DOMÍNGUEZ PEREIRAS, Policía nacional (U.F.A.M. Santiago)
- PATRICIA LÓPEZ ARNOSO, Avogada. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela
- NATALIA PÉREZ RIVAS, Profesora contratada doutora de Dereito Penal da USC
- LUCIANO PRADO DEL RIO, Avogado. Ilustre Colexio de Avogacía de Santiago de Compostela
- JOSÉ MANUEL UCHA LÓPEZ, Fiscal (Fiscal delegado autonómico de Menores de Galicia)
- BERNARDINO VARELA GÓMEZ, Profesor titular de Dereito Procesual da USC
- MARTA SIXTO TEJO, Fiscal (Fiscalía da Área de Santiago de Compostela)
- LORENA TALLÓN GARCÍA, Maxistrado (Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 1 de Noia)
B) Prácticas externas
A organización e realización das prácticas externas en que consisten as tres materias de que consta o Módulo III do plan de estudos, realizase conforme ao disposto no capitulo III do Regulamento que desenvolve a Lei 34/2006, no convenio de colaboración asinado entre as institucións que organizan e imparten o Máster, no Regulamento de Prácticas Académicas Externas da Universidade de Santiago de Compostela (acordo do Consello de Goberno de 29/07/2015) e no Real decreto 592/2014, do 11 de xullo, polo que se regulan as prácticas académicas externas dos estudantes universitarios.
No marco da anterior normativa, establécense as seguintes particularidades:
As prácticas externas poderán desenvolverse, durante o primeiro e segundo semestre, en asesorías e gabinetes xurídicos de administracións públicas, en órganos xurisdicionais e fiscalías, en despachos de profesionais de Procuradores e naqueloutras institucións que contempla o art. 14 do Real decreto 64/2023, durante un total de 150 horas (Prácticas externas I. Administracións públicas. Institucións. Xulgados e tribunais. Despachos profesionais); e en despachos de profesionais da Avogacía e/o de Procuradoría, durante un total de 600 horas, no terceiro semestre (Prácticas externas II e III. Despachos de Avogacía e/o Procuradoría).
En función das dispoñibilidades das institucións receptoras do estudantado, procurarase que as prácticas se realicen con continuidade durante un período de tempo determinado. Corresponderá á Escola de Práctica Xurídica e aos Colexios profesionais a organización das Prácticas externas, dando conta á Comisión académica da titulación.
As prácticas realizaranse naquelas administracións, órganos xurisdicionais e despachos profesionais cos que as institucións que organizan e imparten o Máster teñan convenio de colaboración asinado ao efecto. Os/as titores/as que designen as anteriores institucións deben cumprir os requisitos establecidos no art. 15.1 do RD 64/2023.
Os contidos e competencias das prácticas serán os establecidos no art. 13 do RD 64/2023, do 8 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 34/2006, do 30 de outubro, sobre o acceso ás profesións da Avogacía e Procúraa, e nas fichas (guías docentes) das correspondentes materias que se conteñen na presente memoria.
As prácticas externas tuteladas de carácter formativo estarán axustadas á súa finalidade, sen que poidan implicar, en ningún caso, relación laboral ou de servizo, nin dar lugar á substitución da prestación laboral propia de postos de traballo.
As prácticas externas que se realicen durante o primeiro e terceiro semestre poderán efectuarse entre os meses de setembro a xaneiro, ambos os incluídos, en función das dispoñibilidades dos/as titores/as profesionais e da organización que estableza a coordinación. Pola súa banda, as que teñan lugar no segundo semestre, poderán realizarse entre os meses de xaneiro (finais) a xullo, conforme as dispoñibilidades de titorización das institucións e centros onde se leven a cabo.
A metodoloxía que se empregará nas prácticas externas basearase nunha formación activa e participativa, na asimilación progresiva de experiencias e no razoamento xurídico tendente ao exercicio da Avogacía e de Procuradoría.
As prácticas externas deberán ser tuteladas por un equipo de profesionais, a cargo dos cales deberá designarse a unha persoa exercinte da Avogacía e/o de Procuradoría cun exercicio profesional superior a cinco anos. No desenvolvemento das súas funcións as titoras e os titores a cargo de cada equipo de titoría deberán cumprir o réxime de dereitos e obrigacións, así como a responsabilidade disciplinaria contemplada nos estatutos xerais da Avogacía ou da Procuradoría.
A asignación de despachos profesionais, órganos xurisdicionais, gabinetes de administracións públicas e outros centros para cursar os diferentes períodos de prácticas externas, realizarase por especialidades xurídicas, con antelación ao comezo do correspondente período de prácticas. A Comisión académica, a proposta da coordinación, aprobará o oportuno procedemento de asignacións.