
Máster oficial en Avogacía e Procuradoría
2025-2027
MATRÍCULA
CURSO 2025-2026 (Primeiro ano da III promoción):
O prazo para solicitar praza no MÁSTER UNIVERSITARIO EN AVOGACÍA E PROCURADORÍA para o curso 2025-2026 está todavía PENDENTE DE PUBLICACIÓN (datas do curso pasado foron: do 20 DE XUÑO AO 16 DE XULLO DO 2024.)
- Solicitude de praza
Os/as estudantes que desexen cursar este máster durante o vindeiro curso 2025-2026 deberán consignar os datos para a matrícula na Secretaría Virtual da USC, a través da páxina https://matricula.usc.es/LoginX/Login.asp no prazo PENDENTE DE PUBLICACIÓN (as datas do curso pasado foron:: do 20 de xuño ao 16 de xullo do 2024.)
A documentación acreditativa dos méritos a valorar nos criterios específicos deberá achegarse electronicamente xunto coa solicitude.
Entenderase que o estudantado que non envíe ningunha documentación desexa ser valorado unicamente polo expediente académico do cal dispón a USC ou polo declarado na solicitude.
Naqueles másteres con menos solicitudes que prazas, admitiranse todas as persoas que fixesen a solicitude e cumpran os requisitos de admisión sen ter en conta os criterios de selección.
- Publicación de admitidos
Unha vez solicitada a praza, publicarase a listaxe de estudantes admitidos na páxina web da USC PENDENTE DE PUBLICACIÓN (o curso pasado foi o día 29 de xullo de 2024.)
- Formalización da matrícula
Os/as estudantes que figuren na listaxe de admitidos deberán formalizar a súa matrícula PENDENTE DE PUBLICACIÓN (o curso pasado foi do 30 de xullo ao 1 de agosto de 2024) a través da seguinte ligazón: www.usc.es/matrícula De non matricularse nese prazo, perderá o seu dereito ás prazas adxudicadas.
Considerarase que os/as estudantes que non aboen os prezos no devandito prazo desisten e, polo tanto, decaen nos seus dereitos respecto da praza adxudicada, que poderá ser ofertada a outros alumnos. Consonte as normas xerais, a matrícula estará condicionada á posterior verificación dos datos declarados na solicitude.
- Matrícula para as prazas vacantes
En caso de que non se completaran a totalidade das prazas, os alumnos/as admitidos que o desexen poderán matricularse nas prazas vacantes:
- 2ª convocatoria – Matrícula con lista de agarda: PENDENTE DE PUBLICACIÓN (o curso pasado foi do 5 – 6 de agosto)
- 3ª convocatoria – Matrícula con listaxe de agarda: PENDENTE DE PUBLICACIÓN (o curso pasado foi do 8 – 9 de agosto)
- Matrícula en vacantes (máster sen listaxe de agarda) PENDENTE DE PUBLICACIÓN (o curso pasado foi do 21 de agosto – 13 de setembro)
- Matrícula en vacantes (máster con listaxe de agarda) PENDENTE DE PUBLICACIÓN (o curso pasado foi Chamamento individual)
**Ampliación do prazo para a matrícula das prazas vacantes (con o sen listaxe de agarda) PENDENTE DE PUBLICACIÓN (o curso pasado foi do 20 de setembro ao 1 de outubro): naqueles másteres nos que existan vacantes, a petición do coordinador do Máster, poderase ampliar o prazo de matrícula ata día 1 de outubro.
- Nos másteres que non teñan listaxe de agarda, por ter menos solicitudes que prazas, o/a estudantado sen solicitude previa poderá matricularse por orde de inscrición no prazo indicado.
- Naqueles másteres con listaxe de agarda onde non se matriculase todo o/a estudantado admitido, as prazas vacantes asignaranse por chamamento individual entre as persoas que estean na listaxe de agarda, e seguirase a orde da listaxe ata completar o número total de prazas. Seguirase o mesmo procedemento cando se produza algunha anulación de matrícula.
- Se, rematada a listaxe de agarda, quedasen vacantes, o/a estudantado sen solicitude previa poderá matricularse por orde de inscrición ata que se cubran as prazas ou ata a fin do prazo de vacantes.
Para coñecer as condicións pode informarse a través do correo electrónico epjdir@usc.es ou do teléfono 881814675.
- Documentación
Os/as estudantes que soliciten praza para cursar o máster de avogacía e procuradoría deberán, no momento de solicitar praza na web da USC aportar electrónicamente a seguinte documentación:
- Expediente académico
- Curriculum
- Experiencia profesional no campo da titulación
- Carta de motivación
Entenderase que, o/a estudante que non envíe ningunha documentación desexa ser valorado únicamente polo expediente académico do que dispón a USC ou polo declarado na solicitude.
Calquera omisión ou falsidade na declaración dos datos da titulación de acceso ou do expediente académico, curriculum ou experiencia profesional que induza a facer unha valoración incorrecta, poderá dar lugar á anulación da matrícula e, cando proceda, á exclusión do proceso de adxudicación de prazas.
- Prezos
O último Decreto publicado pola Consellería de educación, universidade e formación profesional é o DECRETO 164/2024, do 24 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2024/25, que establece:
- Prezo dun crédito: 9,85 €
- Primeiro ano: 60 créditos x 9,85 € = 591 €
- Prezo total do máster (90 créditos): 886,5 €
- Taxas administrativas: 22,31 €
Está pendente de publicación o novo Decreto que regule os prezos para o curso académico 2025/26.
- Pagamento fraccionado da matrícula
Os/as estudantes, no momento de formalizar a matrícula no primeiro prazo, poderán optar polo pagamento íntegro ou fraccionado en tres prazos.
Este importe poderá aboarse tanto en efectivo, mediante domiciliación bancaria ou ben con tarxeta de débito ou crédito. No caso de facerse en efectivo, deberase realizar en calquera das catro entidades bancarias colaboradoras coa USC: Abanca, Caixa Rural Galega, La Caixa ou Banco Santander.
No suposto de optar polo pagamento fraccionado, o primeiro prazo efectuarase polo importe correspondente ao 50%, nos días seguintes ao de ter feita a matrícula; o segundo prazo, será polo importe do 25%; e o terceiro prazo, a polo restante 25%.
- Máis información
O estudantado que desexe cursar este máster pode atopar toda a información, ademáis de nesta páxina web (www.epxsantiago.org), nas que aparecen a continuación:
http://www.usc.es/gl/servizos/oiu/cm/calm.html (calendario de prazos de admisión e matrícula)
https://matricula.usc.es/LoginX/Login.asp (admisión e matrícula)
https://www.usc.gal/gl/centros/dereito/titulacions.html?plan=14745&estudio=14746&codEstudio=14246&valor=9 (criterios de admisión)
https://www.usc.gal/gl/estudos/masteres/ciencias-sociais-xuridicas/master-universitario-avogacia-procura (información xeral sobre o máster de avogacía)