Máster oficial en Avogacía 2019-2021

PRÁCTICAS EN CONCELLOS

PRÁCTICAS EN CONCELLOS 2019

Ao amparo do Convenio de Colaboración entre a Escola de Práctica Xurídica e a Deputación da Coruña para a realización de prácticas profesionais, convócanse 12 prazas para realizar prácticas externas voluntarias en concellos* da provincia da Coruña, nos departamentos de urbanismo e noutros servizos municipais de interese.

*(a seleccionar, en función da dispoñibilidade dos concellos e do lugar de procedencia dos alumnos/as, entre os concellos que teñen asinado o convenio de colaboración na actualidade: Ames, Arzúa, A Baña, As Pontes, Boimorto, Boiro, Boqueixón, Brión, Camariñas, Coristanco, Dodro, Ferrol, Laracha, Lousame, Melide, Narón, Negreira, Noia, Ordes, Oroso, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Santiago de Compostela, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra).

As prácticas realizaranse durante os meses de setembro a decembro de 2019, en horario de mañá, compatibles cos horarios do Máster, e que permiten percibir unhas axudas por gastos de desprazamento e outros conceptos, que oscilan entre os 1.500 e 1.800 euros.

O comezo das prácticas será a partires do día 9 de setembro de 2019, e os interesados deben acudir ás instalacións da Escola de Práctica Xurídica entre os días 2, 3, 4 de setembro de 2019 para formalizar o seu compromiso de realizar ditas prácticas no concello que lle sexa adxudicado pola coordinación durante o período e as condicións que lles foron comunicadas persoalmente. As prazas adxudicaranse por orde de solicitude.

Trátase dunha oportunidade que ofrece a Escola para incrementar a experiencia práctica e profesional dos alumnos do Máster.

Máis información en:

  • Instalacións da EPX (Facultade de Dereito, planta sótano, Santiago)
  • Teléfono: +34 881 814 675
  • Correo electronico: epjdir@usc.es