Máster oficial en Avogacía 2016-2018

EQUIPO DOCENTE

A) Curso de formación

A Lei 34/2006 establece, no seu art. 4.3º, que nos “cursos de formación” para avogados deberá garantirse “a presenza da metade, alomenos, de profesionais colexiados exercentes. De conformidade con dita lei e co establecido no seu Regulamento de desenvolvemento, o profesorado do “curso de formación” do máster estará integrado por:

  • un 40% de profesorado universitario contratado ou funcionario.
  • un 60% de profesorado pertencente a avogacía e a outras profesións xurídicas relevantes para a formación do futuro avogado.

As materias de Introdución ao exercicio profesional e Quenda de oficio, Deontoloxía profesional e Réxime de responsabilidade e Escritura e Oratoria forense serán impartidas na súa totalidade por profesorado pertencente a avogacía e a outras profesións xurídicas.

O profesorado que impartiu ás materias dos Módulos I e II do Plan de Estudos do Máster para o curso 2016-2017 da promoción 2016-2018 é o seguinte:

P3341M01 – Módulo I: Introdución ao Exercicio Profesional e Deontoloxía

 

 – P3341101 – Introdución Ao Exercicio Profesional e Quenda De Oficio

  • Arza Galán, Manuel, avogado e secretario técnico do Colexio de Avogados de Santiago.
  • Castro, José Luis, especialista de legal de Thomson Reuters – Aranzadi
  • Constenla Vega, Javier, avogado e membro da Xunta de Goberno do ICA de Santiago.
  • Gándara Moure, Gerardo, avogado e exdirector da EPX da Coruña.
  • Martínez Álvarez, José , área Manager en Wolters Kluwer
  • Maroño Gargallo, J. Waldo, avogado e secretario da EPX de Santiago de Compostela.
  • Matovelle, María Jesús, avogada.
  • Moraleda Blanco, Patricia, coordinadora da Cátedra da Mutualidade da Avogacía.
  • Padín Vidal, Alejandro, avogado.
  • Pérez, Lourdes, técnica facultativa de bibliotecas da USC.
  • Quintela Miramontes, Ramón, avogado e coordinador da materia.
  • Saavedra Carballido, Jesús, (CEDE), técnico superior do Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC.

 – P3341102 – Deontoloxía Profesional e Réxime de Responsabilidade

  • Gutiérrez Valerio, Timoteo, avogado, membro da xunta de goberno do ICA Santiago e coordinador da materia.
  • Pena Beiroa, José Antonio, economista e administrador concursal.
  • Vieito Mayo, María Jesús, avogada e membro da xunta de goberno do ICA Santiago.

 – P3341103 – XX.PP e Medios Alternativos de Solución de Conflitos

  • Amigo Vázquez, José Manuel, notario.
  • Arce Fernández, Ramón, catedrático de Psicoloxía Social da USC.
  • Blanco Lobeiras, Pedro, avogado.
  • Castillejo Manzanares, Raquel, catedrática de Dereito Procesual da USC.
  • Failde Picallo, Olga, avogada-equipo de Mediación Intraxudicial do Xulgado de Familia de Santiago
  • Fernández Brea, Jesús, rexistrador.
  • García Cumplido, José Carlos, avogado.
  • Gómez-Segade González, Elena, avogada, mediadora e coordinadora do módulo
  • Pérez Marcos, Esther, abogada, mediadora.
  • Rodríguez Varela, Montserrat, inspectora de consumo do IGC da Xunta de Galicia.

 – P3341104 – Escritura e Oratoria Forense

  • Regueira Pardavila, María Luisa, avogada.
  • Vilaboy Lois, Lotario, coordinador académico do Máster e director da EPX de Santiago.
  • Vivero Vizoso, Mar, avogada e coordinadora do módulo.

P3341M02  Módulo II:  Práctica Jurídica

 

 – P3341105 – Práctica Xurídica Civil I

  • Abeal Rodríguez, Juan José, avogado.
  • Carballal Paradela, Juan C., maxistrado.
  • Maroño Gargallo, Waldo, avogado e coordinador da materia.
  • Maseda Rodríguez, Javier, profesor titular de Dereito Internacional Privado da USC.
  • Méndez Tojo, Ramón, avogado
  • Pardo Pumar, María José, profesora contratada de Dereito Civil da USC.
  • Paz Costas, Carlos, avogado.
  • Ruiz Permuy, Margarita, avogada.
  • Silvosa Tallón, José Manuel, letrado da Administración de Xustiza.
  • Tallón García, Lorena, xuíza.
  • Vieto Mayo, María Jesús, abogada.
  • Vilaboy Lois, Lotario, coordinador académico do Máster e director da EPX de Santiago.

 – P3341106 – Práctica Xurídica Civil II

  • Blanco Vidal, Luz, avogada.
  • Del Rio Otero, Araceli,
  • Fernández Escudero, María,
  • Maroño Gargallo, Waldo, avogado.
  • Martin García, Manuel Franc., avogado.
  • Maseda Rodríguez, Javier, profesor titular de Dereito Internacional Privado da USC.
  • Noya Ferreiro, Lourdes, profesora titular de Dereito Procesual da USC.
  • Rodríguez Álvarez, Ana, profesora contratada de Dereito Procesual da USC.
  • Trigo García, Belén, profesora contratada doutora de Dereito Civil da USC.

 – P3341107 – Práctica Xurídica Mercantil

  • Balo Couto, Javier, avogado.
  • Constenla Vega, Javier, avogado.
  • Martínez Bouzas, María Salomé, maxistrada.
  • Martínez-Olivares Gómez, José  Luis, avogado e coordinador da materia.
  • Millán Calenti, Rafael, profesor asociado de Dereito Mercantil da USC.
  • Montero Vilar, José Antonio, avogado e profesor asociado de Dereito Mercantil da USC.

 – P3341108 – Práctica Xurídica Laboral I

  • Blanco Lobeiras, Pedro, avogado, xefe dos Servizos Xurídicos de UXT-Galicia e coordinador da materia.
  • Fernández de Mata, Emilio, maxistrado, Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
  • Otero Rodríguez, Laura, abogada.
  • Pedreira Sánchez, Fco. Javier J., profesor asociado de Dereito do Traballo e Seguridade Social da USC.

 – P3341109 – Práctica Xurídica Laboral II

  • Blanco Lobeiras, Pedro, avogado, xefe dos Servizos Xurídicos de UXT-Galicia e coordinador da materia.
  • Calo Amigo, Cándido,  profesor laboral de Dereito do Traballo e Seguridade Social da USC.
  • Fernández de Mata, Emilio, maxistrado, Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
  • González Quintás, Ángel, letrado da Seguridade Social.

 – P3341110 – Práctica Xurídica Administrativo I

  • Formoso Sobrado, Miguel, letrado da Administración de Xustiza.
  • Rivera Frade, Dolores, maxistrada do TSXG.
  • Sánchez-Agustino Mariño, Javier, avogado e coordinador da materia.
  • Santiago Iglesias, Diana, profesora contratada doutora de Dereito Administrativo na USC.
  • Sarmiento Méndez, Xosé A., letrado Maior do Parlamento de Galicia e profesor asociado de Dereito Administrativo na USC.
  • Solar Jimeno, Natalia, letrada da Xunta de Galicia.
  • Varela Ferreiro, Juan José, avogado.

 – P3341111 – Práctica Xurídica Administrativa II

  • Bértolo García, Ulises, avogado.
  • Formoso Sobrado, Miguel, letrado da administración no Xulgado do Contencioso-administrativo nº 1 de Santiago de Compostela.
  • Garrido Juncal, Andrea , profesora contratada interina de Dereito Administrativo na USC.
  • López Porto, Paulo,  avogado e coordinador da materia.
  • Rodriguez Fernández, Luis Jaime, xefe do Servizo de Patrimonio e Contratación da Deputación Provincial da Coruña.
  • Rivera Frade, Dolores, maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
  • Sarmiento Méndez, Xosé Antón , letrado Oficial Maior do Parlamento de Galicia e profesor de Dereito Administrativo na USC.
  • Solar Jimeno, Natalia, letrada da Xunta de Galicia.
  • Suárez García, Javier, avogado do Estado.
  • Suárez Losada, Ángel, avogado.
  • Teixido Infante, Yolanda,  xefa do Servizo de Licencias e Disciplina do Concello de A Coruña.
  • Varela Ferreiro, Juan José, avogado.

 – P3341112 – Práctica Xurídica Penal I

  • Aláez Legerén, Luis, maxistrado do Xulgado do Penal nº 1 de Santiago de Compostela.
  • Álvarez Barreiro, Raquel, fiscal da Fiscalía da área de Santiago de Compostela.
  • Brage Cendán, Santiago, profesor doutor da área de Dereito Penal na USC.
  • Cajoto Berdeal, Ana Belén, secretaria do Xulgado Penal nº 1 de Santiago de Compostela.
  • Catalina Benavente, María de los Ángeles, profesora doutora da área de Dereito Procesual na USC.
  • Gómez Rey, José, maxistrado, sección sexta de Santiago da Audiencia Provincial da Coruña.
  • Guillén Vázquez, Margarita, maxistrada do Xulgado de Instrución nº 2 de Santiago de Compostela.
  • Hospido Lobeiras, Belén, avogada.
  • Martínez Carrillo, Carlos, avogado.
  • Navares Villar, Cristina, maxistrada, Audiencia Provincial, sección nº 4 de Pontevedra.
  • Roma Valdés, Antonio, fiscal da Fiscalía da área de Santiago de Compostela.
  • San José González, Aranzazu, fiscal da Fiscalía da área de Santiago de Compostela.
  • Sixto Teijo, Marta, fiscal da Fiscalía da área de Santiago de Compostela.
  • Valiño Ces, Almudena, profesora da área de Dereito Procesual na USC.
  • Vivero Vizoso, Mar, avogada.

 – P3341113 – Práctica Xurídica Penal II

  • Abel Souto, Miguel, profesor titular de Dereito Penal da USC.
  • Alfonso Espiñeira, Beatriz, xurista do corpo superior de Técnicos de Institucións Penitenciarias.
  • Catalina Benavente, Ángeles, profesora contratada doutora de dereito procesual da USC.
  • González-Abraldes, Alberto,  avogado.
  • López Arnoso, Patricia, avogada.
  • Reguera Freire, Ana. avogada.
  • Varela Castejón, Pablo, fiscal.
  • Varela Gómez, Bernardino profesor titular de Dereito Procesual da USC.

 – P3341114 – Práctica Xurídica Tributaria, Internac, Const, UE

  • Arenas Meza, Miguel Enrique, profesor contratado doutor da área de Dereito internacional público e relacións internacionais.
  • García Novoa, César, catedrático de Dereito financeiro e tributario da USC.
  • Gómez Rey, José, maxistrado sección sexta de Santiago da Audiencia Provincial da Coruña.
  • Lorenzo Ucha, Alicia, abogada.
  • Matovelle Gómez, María Jesús, avogada e coordinadora da materia.
  • Pena Domínguez, Beatriz, avogada .
  • Sierra Rodríguez, Mariano, avogado.
  • Teijo García, Carlos, profesor contratado doutor da área de Dereito internacional público e relacións internacionais.
  • Valencia Vila, Santiago, letrado xefe do Gabinete de Asuntos Constitucionais da Xunta de Galicia

 

B) Prácticas externas

O ICA de Santiago, a través da EPX conveniada, e a Comisión Académica, garantirán o cumprimento dos requisitos do período de prácticas establecido no Regulamento de desenvolvemento da Lei de acceso, para todos os estudantes matriculados no Máster.

A xestión de todos os créditos de “prácticas externas” corresponde ó ICA de Santiago, que os desenvolverá e coordinará a través da EPX. A tal efecto, seleccionará os despachos, administracións, órganos xudiciais, institucións e entidades onde se realicen, así como os titores e colaborares que as dirixan. Determinará o plan detallado, calendario e horario de prácticas e establecerá os mecanismos de control precisos para a comprobación da súa axeitada realización e aproveitamento. Corresponderá á Comisión Académica a aprobación do correspondente plan operativo das “prácticas externas”.

Os titores das “prácticas externas” serán avogados vinculados ao ICA de Santiago, cun exercicio profesional de, alomenos, cinco anos, sen prexuízo da posible colaboración doutros profesionais, cando así se considere conveniente (en particular, no que se refire as prácticas en administracións públicas e órganos xudiciais), a proposta do propio Colexio.

A adxudicación de destinos dos estudantes para a realización do período de prácticas será realizada pola EPX, por medio do oportuno procedemento aprobado pola Comisión Académica.

Durante o período de prácticas externas os estudantes contarán cun coordinador de prácticas e estarán suxeitos á duración, calendario, horario, lugar e actividade que se establezan, aplicaranse con dilixencia ás tarefas encomendadas, manteranse en contacto co titor e gardarán o sixilo sobre as tarefas que estean a realizar durante este período e unha vez este teña rematado.

A realización das prácticas de formación por parte dos estudantes non constitúe vínculo laboral nin contractual de ningún tipo entre estes e as partes asinantes, ni comportará contraprestación económica algunha para o estudantes durante o seu desenvolvemento, no sendo aplicable o Estatuto dos Traballadores.

A EPX conta con mais de corenta despachos profesionais colaboradores. Tamén os titulares dos órganos xudiciais do partido xudicial de Santiago e doutros partidos da comunidade autónoma, a Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e da USC, así como diferentes administracións locais veñen colaborando tradicionalmente na impartición do título propio da Escola ao que substitúe o máster.