Máster oficial en Avogacía 2016-2018

SISTEMA DE CALIDADE

Sistema de Garantía Interna de Calidade

 

O SGIC marco da USC está deseñado seguindo o modelo das axencias de calidade nacional e autonómica, ANECA e ACSUG, e está articulado en 9 criterios e 46 directrices englobados en 5 eixes, que se corresponden cos programas elaborados polas axencias a estes efectos, denominados AUDIT e FIDES.

A USC aprobou o primeiro SGIC marco en decembro de 2009, e a Comisión de Calidade e Planificación delegada do Consello de Goberno, na sesión que celebrou o 31 de maio de 2013, aprobou unha revisión, na que se recolleu unha simplificación e revisión global do sistema.
Os documentos que configuran o SGIC marco revisado da USC son o Manual extenso, o Manual Simplificado e o Manual de procedementos.
O noso centro adaptou o Manual simplificado ás nosas particularidades, que foi aprobado o 23 de marzo de 2015 pola Comisión de Calidade e Planificación da USC. A derradeira versión (3.0), foi aprobada pola Xunta da Facultade de Dereito o 29 de marzo de 2016 e pola Comisión de Calidade e Planificación delegada do Consello de Goberno da USC o 13 de abril de 2016.

 

Sistema de garantía interna de Calidade

 

Informe final da renovación da acreditación 2016

 

Informe de seguimento 2016