Máster oficial en Avogacía 2016-2018
MATRÍCULA
A. CURSO 2016-2017 (Primeiro ano da quinta promoción):
1. Solicitude de praza:
Os alumnos e alumnas que desexen cursar este máster durante o curso 2016-2017 deberán consignar os datos para a matrícula na Secretaría Virtual da USC, a través da páxina http://www.usc.es/matricula (sección «máster universitario» >admisión e matrícula), no seguinte prazo: do 4 de xullo ao 4 de agosto de 2016.
2. Publicación de admitidos:
Sen listaxe de agarda: publicación de admitidos o 8 de agosto de 2016
Con listaxe de agarda: publicación de admitidos o 5 de setembro de 2016
3. Matrícula admitidos
Sen listaxe de agarda: os alumnos/as admitidos terán de prazo para matricularse do 9 ao 11 de agosto de 2016
Con listaxe de agarda: os alumnos/as admitidos terán de prazo para matricularse do 5 ao 9 de setembro de 2016
Considerarase que os alumnos que non aboen os prezos no devandito prazo desisten e, polo tanto, decaen nos seus dereitos respecto da praza adxudicada, que poderá ser ofertada a outros alumnos. Consonte as normas xerais, a matrícula estará condicionada á posterior verificación dos datos declarados na solicitude.
4. Matrícula en vacantes:
Sen listaxe de agarda: os alumnos/as admitidos terán de prazo para matricularse do 11 de agosto ao 16 de setembro de 2016
Con listaxe de agarda: chamamento individual
5. Documentación:
Os alumnos/as que soliciten praza para cursar o Máster Universitario en Avogacía, deberán no momento de solicitar praza na web da USC (do 4 de xullo ao 4 de agosto), aportar a seguinte documentación:
- Expediente académico
- Curriculum
- Experiencia profesional no campo da titulación
- Carta de motivación
Calquera omisión ou falsidade na declaración dos datos da titulación de acceso ou do expediente académico, curriculum ou experiencia profesional que induza a facer unha valoración incorrecta, poderá dar lugar á anulación da matrícula e, cando proceda, á exclusión do proceso de adxudicación de prazas.
6. Prezos:
Está pendente de publicarse o DECRETO polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos que conducen á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional na ensinanza universitaria para o curso 2016/17.
A modo orientativo os prezos establecidos no DECRETO 90/2015, de 18 de xuño, polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos que conducen á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional na ensinanza universitaria para o curso pasado 2015/16 foron:
- Prezo dun crédito: 20,25 €
- Primeiro ano = 60 créditos x 20,25 € = 1.215 €
- Prezo total do máster (90 créditos) = 1.822,50 €
- Taxas administrativas: 28,22 €
- Taxas administrativas maiores de 28 anos: 42,10 €
7. Pagamento fraccionado da matrícula:
Os alumnos e alumnas, no momento da matrícula no primeiro prazo, poderán optar polo pagamento íntegro ou fraccionado en tres prazos.
Este importe poderá aboarse en efectivo, mediante domiciliación bancaria ou con tarxeta de débito ou de crédito. De facerse en efectivo, deberá realizarse en calquera das catro entidades bancarias colaboradoras coa USC, isto é, Novagalicia Banco, Caixa Rural Galega, La Caixa e Banco Santander.
No suposto de optar polo pagamento fraccionado, o primeiro prazo efectuarase polo importe correspondente ao 50%, nos dez días seguintes ao de ter feita a matrícula; o segundo prazo, aboarase no mes de decembro polo importe do 25%; e o terceiro prazo, na primeira quincena de marzo, polo restante 25%.
8. Máis información:
B. CURSO 2017-2018 (Segundo ano da quinta promoción):
1. Matrícula continuación de estudos:
Aberto o prazo de matrícula para a continuación de estudos do Máster Universitario en Avogacía, do 3 de xullo ao 1 de setembro de 2017.
2. Prezos:
Está pendente de publicarse o DECRETO polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos que conducen á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional na ensinanza universitaria para o curso 2017/18.
A modo orientativo os prezos establecidos no DECRETO 80/2016, de 23 de xuño, polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos que conducen á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional na ensinanza universitaria para o curso pasado 2016/17 foron:
- Prezo dun crédito: 20,25 €
- Segundo ano = 30 créditos x 20,25 € = 607,50 €
- Prezo total do máster (90 créditos) = 1.822,50 €
- Taxas administrativas: 28,22 €
- Taxas administrativas maiores de 28 anos: 42,10 €
3. Pagamento fraccionado da matrícula