Máster oficial en Avogacía 2020-2022
MATRÍCULA
A. CURSO 2020-2022 (Primeiro ano da IX promoción):
O prazo para solicitar praza no MÁSTER UNIVERSITARIO EN AVOGACÍA para o curso 2020-2022 será dende o 6 DE XULLO AO 20 DE AGOSTO DO 2020.
- Solicitude de praza
Os alumnos e alumnas que desexen cursar este máster durante o vindeiro curso 2020-2022 deberán consignar os datos para a matrícula na Secretaría Virtual da USC, a través da páxina https://matricula.usc.es/LoginX/Login.asp no prazo anteriormente indicado: do 6 de xullo ao 20 de agosto do 2020.
NOTA IMPORTANTE: O alumnado da USC matriculado no curso académico 2019/20 que estea en condicións de rematar os estudos que lle dan acceso ao máster na convocatoria de xullo, poderán solicitar a admisión e no seu caso matricularse sen ter feito o depósito de título. Esta matrícula estará condicionada a que aboen os dereitos de expedición do título de acceso coa data límite do 20 de agosto de 2020. Non obstante, debido á situación excepcional deste curso, establécense dúas excepcións a esta data límite:
- Os alumnos/as que de acordó coa Resolución reitoral de 27 de marzo de 2020 sobre as prácticas académicas externas do curso 2019/20 como consecuencia da suspensión temporal derivada da situación de crise sanitaria, presenten e superen o Traballo na convocatoria de xullo, pero que teñan pendentes de rematar as prácticas ata o 30 de setembro, poderán solicitar a admisión, e no seu caso, matricularse sen ter feito o depósito; condicionada esta matrícula a que o día 9 de outubro do 2020 teñan aboados os dereitos de expedición do título.
- Os alumnos/as que se atopen na situación descrita na Instrucción 4/2020 da Secretaría Xeral, relativa o adiamento da defensa dos traballos de fin de estudos e da realización de prácticas académicas no curso 2019/20, (é dicir, aqueles que por causas académicas excepcionais e xustificadas non poidan defender o traballo de fin de estudos ou non poidan rematar as prácticas académicas antes do 30 de setembro do 2020 e que estean incluídos na autorización expedida pola Secretaría Xeral aos centros afectados, coa finalidade de que poidan rematar os seus estudos coa data límite de 30 de novembro de 2020), poderán solicitar a admisión e, no seu caso, matricularse sen ter feito o depósito, condicionada esta matrícula a que o día 9 de decembro do 2020 teña aboados os dereitos de expedición do título.
- Publicación de admitidos
Unha vez solicitada a praza, publicarase a listaxe de alumnos/as admitidos na páxina web da USC o día 4 de setembro do 2020.
- Formalización da matrícula
Os alumnos/as que figuren na listaxe de admitidos deberán formalizar a súa matrícula nos días 7 e 8 de setembro do 2020 a través da seguinte ligazón: www.usc.es/matrícula
Considerarase que os alumnos que non aboen os presos no davandito prazo desisten e, polo tanto, decaen nos seus dereitos respecto da praza adxudicada, que poderá ser ofertada a outros alumnos. Consonte as normas xerais, a matrícula estará condicionada á posterior verificación dos datos declarados na solicitude.
- Matrícula para as prazas vancates
En caso de que non se completaran a totalidade das prazas, os alumnos/as admitidos que o desexen poderán matricularse nas prazas vacantes do 11 ao 28 de setembro do 2020.
**Ampliación do prazo para a matrícula das prazas vacantes do 1 ao 6 de outubro: naqueles másteres nos que existan vacantes, a petición do coordinador do Máster, poderase ampliar o prazo de matrícula ata o día 6 de outubro.
Para coñecer as condicións pode informarse a través do correo electrónico epjdir@usc.es ou do teléfono 881814675.
- Documentación
Os alumnos/as que soliciten praza para cursar o máster de abogacía deberán, no momento de solicitar praza na web da USC (do 6 de xullo ao 20 de agosto do 2020), aportar electronicamente a seguinte documentación:
- Expediente académico
- Curriculum
- Experiencia profesional no campo da titulación
- Carta de motivación
Entenderase que, o alumno/a que non envíe ninguna documentación desexa ser valorado únicamente polo expediente académico do que dispón a USC ou polo declarado na solicitude.
Calquera omisión ou falsidade na declaración dos datos da titulación de acceso ou do expediente académico, curriculum ou experiencia profesional que induza a facer unha valoración incorrecta, poderá dar lugar á anulación da matrícula e, cando proceda, á exclusión do proceso de adxudicación de prazas.
- Prezos
O último Decreto publicado pola Consellería de educación, universidade e formación profesional é o DECRETO 73/2019, do 4 de xullo, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2019/20, que establece:
- Prezo dun crédito: 9,85 €
- Primeiro ano: 60 créditos x 9,85 € = 591 €
- Prezo total do máster (90 créditos): 886,5 €
- Taxas administrativas: 28,22 €
- Taxas administrativas maiores de 28 anos: 48,10 €
Está pendente de publicación o novo Decreto que regule os prezos para o curso académico 2020/21.
- Pagamento fraccionado da matrícula
Os alumnos e alumnas, no momento de formalizar a martícula no primeiro prazo, poderán optar polo pagamento íntegro ou fraccionado en tres prazos.
Este importe poderá aboarse tanto en efectivo, mediante domiciliación bancaria ou ben con tarxeta de débito ou crédito. No caso de facerse en efectivo, deberase realizar en calquera das catro entidades bancarias colaboradoras coa USC: Abanca, Caixa Rural Galega, La Caixa ou Banco Santander.
No suposto de optar polo pagamento fraccionado, o primeiro prazo efectuarase polo importe correspondente ao 50%, nos días seguintes ao de ter feita a matrícula; o segundo prazo, cargarase na conta a partir do día 7 de decembro do 2020 polo importe do 25%; e o terceiro prazo, a partir do 8 de marzo de 2021 polo restante 25%.
- Máis información
O alumnado que desexe cursar este máster pode atopar toda a información, ademáis de nesta páxina web (www.epxsantiago.org), nas que aparecen a continuación:
http://www.usc.es/gl/servizos/oiu/cm/calm.html (calendario de prazos de admisión e matrícula)
https://matricula.usc.es/LoginX/Login.asp (admisión e matrícula)
https://www.usc.gal/gl/centros/dereito/titulacions.html?plan=14745&estudio=14746&codEstudio=14246&valor=9 (criterios de admisión e prazos)
https://www.usc.gal/gl/estudos/masteres/ciencias-sociais-xuridicas/master-universitario-avogacia (información xeral sobre o máster de avogacía)
http://www.usc.es/gl/centros/dereito/titulacions.html?plan=14745&estudio=14746&codEstudio=14246&valor=9 (información detallada sobre a titulación)