Máster oficial en Avogacía e Procuradoría
2024-2026
MATRÍCULA
CURSO 2024-2025 (Primeiro ano da II promoción):
O prazo para solicitar praza no MÁSTER UNIVERSITARIO EN AVOGACÍA E PROCURADORÍA para o curso 2024-2025 será dende o 20 DE XUÑO AO 16 DE XULLO DO 2024.
- Solicitude de praza
Os alumnos e alumnas que desexen cursar este máster durante o vindeiro curso 2024-2025 deberán consignar os datos para a matrícula na Secretaría Virtual da USC, a través da páxina https://matricula.usc.es/LoginX/Login.asp no prazo anteriormente indicado: do 20 de xuño ao 16 de xullo do 2024.
A documentación acreditativa dos méritos a valorar nos criterios específicos deberá achegarse electronicamente xunto coa solicitude.
Entenderase que o alumnado que non envíe ningunha documentación desexa ser valorado unicamente polo expediente académico do cal dispón a USC ou polo declarado na solicitude.
NOTA IMPORTANTE: O alumnado da USC matriculado no curso académico 2023/24 que estea en condicións de rematar os estudos que lle dean acceso ao máster na convocatoria de xullo, poderá solicitar a admisión e no seu caso matricularse sen ter feito o depósito de título. Esta matrícula estará condicionada a que aboen os dereitos de expedición do título de acceso coa data límite do 12 de agosto de 2024.
Para os efectos de adxudicación de prazas, a nota media do expediente do alumnado da USC aos que se refire o parágrafo anterior, actualizarase automaticamente con data de 16 de xullo de 2024.
Naqueles másteres con menos solicitudes que prazas, admitiranse todas as persoas que fixesen a solicitude e cumpran os requisitos de admisión sen ter en conta os criterios de selección.
- Publicación de admitidos
Unha vez solicitada a praza, publicarase a listaxe de alumnos/as admitidos na páxina web da USC o día 29 de xullo de 2024.
- Formalización da matrícula
Os alumnos/as que figuren na listaxe de admitidos deberán formalizar a súa matrícula nos días do 30 de xullo ao 1 de agosto de 20234 a través da seguinte ligazón: www.usc.es/matrícula De non matricularse nese prazo, perderá o seu dereito ás prazas adxudicadas.
Considerarase que os alumnos que non aboen os prezos no davandito prazo desisten e, polo tanto, decaen nos seus dereitos respecto da praza adxudicada, que poderá ser ofertada a outros alumnos. Consonte as normas xerais, a matrícula estará condicionada á posterior verificación dos datos declarados na solicitude.
- Matrícula para as prazas vacantes
En caso de que non se completaran a totalidade das prazas, os alumnos/as admitidos que o desexen poderán matricularse nas prazas vacantes:
- 2ª convocatoria – Matrícula con lista de agarda: do 5 – 6 de agosto)
- 3ª convocatoria – Matrícula con listaxe de agarda: do 8 – 9 de agosto)
- Matrícula en vacantes (máster sen listaxe de agarda) do 21 de agosto – 13 de setembro)
- Matrícula en vacantes (máster con listaxe de agarda) Chamamento individual
**Ampliación do prazo para a matrícula das prazas vacantes (con o sen listaxe de agarda) do 20 de setembro ao 1 de outubro: naqueles másteres nos que existan vacantes, a petición do coordinador do Máster, poderase ampliar o prazo de matrícula ata día 1 de outubro.
- Nos másteres que non teñan listaxe de agarda, por ter menos solicitudes que prazas, o alumnado sen solicitude previa poderá matricularse por orde de inscrición no prazo indicado.
- Naqueles másteres con listaxe de agarda onde non se matriculase todo o alumnado admitido, as prazas vacantes asignaranse por chamamento individual entre as persoas que estean na listaxe de agarda, e seguirase a orde da listaxe ata completar o número total de prazas. Seguirase o mesmo procedemento cando se produza algunha anulación de matrícula.
- Se, rematada a listaxe de agarda, quedasen vacantes, o alumnado sen solicitude previa poderá matricularse por orde de inscrición ata que se cubran as prazas ou ata a fin do prazo de vacantes.
Para coñecer as condicións pode informarse a través do correo electrónico epjdir@usc.es ou do teléfono 881814675.
- Documentación
Os alumnos/as que soliciten praza para cursar o máster de abogacía deberán, no momento de solicitar praza na web da USC aportar electrónicamente a seguinte documentación:
- Expediente académico
- Curriculum
- Experiencia profesional no campo da titulación
- Carta de motivación
Entenderase que, o alumno/a que non envíe ninguna documentación desexa ser valorado únicamente polo expediente académico do que dispón a USC ou polo declarado na solicitude.
Calquera omisión ou falsidade na declaración dos datos da titulación de acceso ou do expediente académico, curriculum ou experiencia profesional que induza a facer unha valoración incorrecta, poderá dar lugar á anulación da matrícula e, cando proceda, á exclusión do proceso de adxudicación de prazas.
- Prezos
O último Decreto publicado pola Consellería de educación, universidade e formación profesional é o DECRETO 98/2023, do 22 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2023/24, que establece:
- Prezo dun crédito: 9,85 €
- Primeiro ano: 60 créditos x 9,85 € = 591 €
- Prezo total do máster (90 créditos): 886,5 €
- Taxas administrativas: 22,31 €
Está pendente de publicación o novo Decreto que regule os prezos para o curso académico 2024/25.
- Pagamento fraccionado da matrícula
Os alumnos e alumnas, no momento de formalizar a matrícula no primeiro prazo, poderán optar polo pagamento íntegro ou fraccionado en tres prazos.
Este importe poderá aboarse tanto en efectivo, mediante domiciliación bancaria ou ben con tarxeta de débito ou crédito. No caso de facerse en efectivo, deberase realizar en calquera das catro entidades bancarias colaboradoras coa USC: Abanca, Caixa Rural Galega, La Caixa ou Banco Santander.
No suposto de optar polo pagamento fraccionado, o primeiro prazo efectuarase polo importe correspondente ao 50%, nos días seguintes ao de ter feita a matrícula; o segundo prazo, será polo importe do 25%; e o terceiro prazo, a polo restante 25%.
- Máis información
O alumnado que desexe cursar este máster pode atopar toda a información, ademáis de nesta páxina web (www.epxsantiago.org), nas que aparecen a continuación:
http://www.usc.es/gl/servizos/oiu/cm/calm.html (calendario de prazos de admisión e matrícula)
https://matricula.usc.es/LoginX/Login.asp (admisión e matrícula)
https://www.usc.gal/gl/centros/dereito/titulacions.html?plan=14745&estudio=14746&codEstudio=14246&valor=9 (criterios de admisión)
https://www.usc.gal/gl/estudos/masteres/ciencias-sociais-xuridicas/master-universitario-avogacia-procura (información xeral sobre o máster de avogacía)