Máster oficial en Avogacía e Procuradoría
2024-2026
PLAN DE ESTUDOS
O plan de estudos do “Máster universitario en Avogacía e Procuradoría” oferta un total de 90 créditos, debendo o estudante cursar todos os créditos ofertados.
Tipo de materia |
Créditos |
Curso de formación | 54 |
Obrigatorias | 54 |
Optativas | 0 |
Prácticas externas | 30 |
Obrigatorias | 30 |
Traballo fin de Máster | 6 |
Obrigatorio | 6 |
Os 90 ECTS da titulación distribúense en 17 Materias obrigatorias, que á súa vez se agrupan en catro Módulos, cada un deles garda unha homoxeneidade en canto ás Materias que o integran, referidas ao que se pode denominar ferramentas básicas do profesional da Avogacía e da Procuradoría (exercicio da profesión, deontoloxía, responsabilidade, técnicas instrumentais e transversais), ás ramas privada e pública do Dereito, ás Prácticas externas e ao Traballo fin de máster.
O Máster estrutúrase en catro “Módulos” diferentes dedicados a bloques temáticos e/o actividades diferentes. Dous deles forman parte do denominado -pola Lei 34/2006 e polo RD 64/2023- “curso de formación”; un terceiro agrupa as “prácticas externas” obrigatorias esixidas pola lexislación vixente, e finalmente, no cuarto, sitúase o Traballo de Fin de Máster.
Os contidos e duración dos Módulos garda relación directa con: a) As materias que son máis habituais no exercicio profesional inmediato ao que pretende acceder o alumnado do Máster; b) As Directrices do CGAE sobre prácticas de iniciación á Avogacía, e as Recomendacións da Comisión de Formación do CGPE para os contidos propios da Procuradoría que deben integrar os novos “Másteres Avogacía-Procuradoría”; c) As proporcións establecidas nos modelos orientadores de avaliación para a acreditación da capacitación profesional que figuran na páxina web do Ministerio de Xustiza; e coas competencias e duracións fixadas na Lei 34/2006 e o Regulamento de desenvolvemento.
En concreto, os Módulos I e II coinciden coas dúas grandes áreas temáticas que inciden directamente na aprendizaxe do exercicio profesional: A iniciación ao exercicio profesional, a deontoloxía e as técnicas transversais, dun lado; e, doutro, a práctica xurídica nos diversos ámbitos do Dereito privado e do Dereito público.
Módulo | Créditos | Carácter | Semestre |
I. Iniciación ao Exercicio profesional, Deontoloxía e Técnicas transversais | 13 | OB | 1º y 2º |
II. Práctica Xurídica | 41 | OB | 1º y 2º |
III. Prácticas Externas | 30 | OB | 2º y 3º |
IV. Traballo Fin de Máster | 6 | OB | 3º |
A distribución das materias por semestres realizarase de tal maneira que, no primeiro semestre, o alumnado cursará, con carácter obrigatorio, aquelas materias coas que se pretenda que adquira un coñecemento preciso das funcións, organización, deontoloxía, réxime de responsabilidade, previsión social etc., que son propias da Avogacía e da Procuradoría, así como as técnicas e habilidades precisas para iniciarse no manexo da escritura e oratoria forense, e das tecnoloxías propias destas profesións; xunto cun coñecemento, orientado maiormente cara á perspectiva procesual dos conflitos xurídicos máis habituais nos catro ordes xurisdicionais.
No segundo semestre, o alumnado, profundará nos coñecementos adquiridos durante o primeiro semestre, mediante o estudo daquelas materias que requiren unha maior especialización, fundamentalmente desde a óptica do dereito substantivo, aínda que con chiscadelas constantes cara á vertente procesual e a solución de conflitos a través de medios alternos á vía xudicial.
Finalmente, no terceiro semestre preténdese que o alumnado aplique á práctica os ensinos recibidos e realice un traballo de investigación-profesional, co que o adquira as competencias necesarias para a realización de actividades profesionais e investigadoras no campo das ciencias xurídicas.
Con todo, aínda que o groso das prácticas externas se incardinan no terceiro semestre, preténdese que, tanto no primeiro como no segundo semestre, o alumnado teña un contacto inicial co ámbito forense, a través da realización dunhas prácticas básicas ou iniciais en diferentes institucións, como administracións públicas, xulgados e tribunais e despachos profesionais etc., que lle permitan ir constatando a aplicabilidade práctica dos coñecementos, competencias e habilidades que se lle van impartindo e vai adquirindo.
A organización e realización das prácticas externas en que consisten as tres materias de que consta o Módulo III do plan de estudos, realizarase conforme ao disposto no capitulo III do Regulamento que desenvolve a Lei 34/2006, no convenio de colaboración asinado entre as institucións que organizan e imparten o Máster, no Regulamento de Prácticas Académicas Externas da Universidade de Santiago de Compostela (acordo de Consello de Goberno de 29/07/2015) e no Real decreto 592/2014, do 11 de xullo, polo que se regulan as prácticas académicas externas dos estudantes universitarios.
No marco da anterior normativa, establécense as seguintes particularidades:
As prácticas externas poderán desenvolverse, durante o primeiro e segundo semestre, en asesorías e gabinetes xurídicos de administracións públicas, en órganos xurisdicionais e fiscalías, en despachos de profesionais de Procuradores e naqueloutras institucións que contempla o art. 14 do Real decreto 64/2023, durante un total de 150 horas (Prácticas externas I. Administracións públicas. Institucións. Xulgados e tribunais. Despachos profesionais); e en despachos de profesionais da Avogacía e/o da Procuradoría, durante un total de 600 horas, no terceiro semestre (Prácticas externas II e III. Despachos de Avogacía e/o Procuradoría).
En función das dispoñibilidades das institucións receptoras do alumnado, procurarase que as prácticas se realicen con continuidade durante un período de tempo determinado.
A materia Traballo Fin de Máster encádrase no segundo ano da titulación e ten un dobre carácter: a) Como actividade para comprobar a asimilación por parte do alumnado dos coñecementos, competencias, técnicas, habilidades e actitudes impartidas durante o “curso de formación” e as “prácticas externas” da titulación, e b) Como medio para acreditar a capacidade de investigación, interdisciplinariedad, e solución de problemas profesionais, así como a habilidade na tramitación de actuacións profesionais e procesuais, escritas e orais.
Consistirá na elaboración individual, por cada estudante, dun traballo orixinal de contido mixto, académico e profesional, sobre a base dun caso práctico cuxa problemática principal se incardinará en materias que son propias dun dos catro ordes xurisdicionais.
Estructura por módulos:
MÓDULO I | MATERIA | CARÁCTER | SEMESTRE | ECTS | MODALIDAD |
INICIACIÓN AO EXERCICIO PROFESIONAL, DEONTOLOXÍA E TÉCNICAS TRANSVERSAIS | Iniciación ao Exercicio profesional, Deontoloxía e Réximen de responsabilidade da Avogacía y da Procuradoría | OB | 1º | 5 | Presencial |
Técnicas e habilidades transversais para o exercicio da Avogacía y da Procuradoría | OB | 1º | 4 | Presencial | |
Práctica Xurídica Extraxudicial e Medios adecuados de solución de conflitos xurídicos | OB | 2º | 4 | Presencial | |
Total ECTS | 13 |
MÓDULO II | MATERIA | CARÁCTER | SEMESTRE | ECTS | MODALIDAD |
PRÁCTICA XURÍDICA. ASESORAMENTO E LITIGACIÓN | Práctica Xurídica Civil I: Litigación. | OB | 1º | 4,5 | Presencial |
Práctica Xurídica Civil II: Asesoramento e litigación. | OB | 2º | 6 | Presencial | |
Práctica Xurídica Mercantil: Asesoramento e litigación. | OB | 1º | 4 | Presencial | |
Práctica Xurídica Laboral I: Asesoramento e litigación. | OB | 1º | 3 | Presencial | |
Práctica Xurídica Laboral II: Asesoramento e litigación. | OB | 2º | 3 | Presencial | |
Práctica Xurídica Administrativa I: Litigación | OB | 1º | 3 | Presencial | |
Práctica Xurídica Administrativa II: Asesoramento e litigación. | OB | 2º | 6 | Presencial | |
Práctica Xurídica Tributaria, Constitucional, Internacional e da Unión Europea: Asesoramento e litigación | OB | 2º | 3,5 | Presencial | |
Práctica Xurídica Penal I: Litigación. | OB | 1º | 4 | Presencial | |
Práctica Xurídica Penal II: Asesoramento e litigación. | OB | 2º | 4 | Presencial | |
Total ECTS | 41 |
MÓDULO III | MATERIA | CARÁCTER | SEMESTRE | ECTS | MODALIDAD |
PRÁCTICAS EXTERNAS | Prácticas externas I: Administracions públicas. Institucions. Xulgados e Tribunais. Despachos profesionais | OB | 1º y 2º | 6 | Presencial |
Prácticas externas II: Despachos de Avogacía e/o de Procuradoría | OB | 3º | 12 | Presencial | |
Prácticas externas III: Despachos de Avogacía e/o de Procuradoría | OB | 3º | 12 | Presencial | |
Total ECTS | 30 |
MÓDULO IV | MATERIA | CARÁCTER | SEMESTRE | ECTS | MODALIDAD |
TRABALLO FIN DE MÁSTER | Traballo Fin de Máster | OB | 3º | 6 | Presencial |
Total ECTS | 6 |
Lenda: OB: Obrigatoria
B) Distribución das materias por semestres
Primer semestre (1º ano)
- Introdución ao exercicio profesional, deontoloxía e réxime de responsabilidade da avogacía e da procuradoría.
- Técnicas e habilidades transversais para o exercicio profesional da avogacía e da procuradoría
- Práctica xurídica civil I. Litigación.
- Práctica xurídica mercantil. Asesoramento e litigación.
- Práctica xurídica laboral I. Asesoramento e litigación.
- Práctica xurídica administrativa I. Litigación.
- Práctica xurídica penal I. Litigación.
- Prácticas externas I: Administracións públicas. Institucións. Xulgados e tribunais. Despachos profesionais.
Segundo semestre (1º ano):
- Práctica xurídica extraxudicial e medios alternativos de solución de conflitos xurídicos
- Práctica xurídica civil II. Asesoramento e litigación.
- Práctica xurídica laboral II. Asesoramento e litigación.
- Práctica xurídica administrativa II. Asesoramento e litigación.
- Práctica xurídica penal II. Asesoramento e litigación.
- Práctica xurídica tributaria, constitucional, internacional e da Unión Europea. Asesoramento e litigación.
- Prácticas externas I: Administracións públicas. Institucións. Xulgados e tribunais. Despachos profesionais.
Primer semestre (2º ano)
- Prácticas externas II: despachos de Avogacía y/o Procuradoría
- Prácticas externas III: despachos de Avogacía y/o Procuradoría
- Traballo Fin de Máster
C) Guías docentes
Consultar o apartado “Módulos e materias” da web para acceder ás guías docentes