Máster oficial en Avogacía 2021-2023
PLAN DE ESTUDOS
Os 90 ECTS da titulación distribúense en 19 materias obrigatorias, que á súa vez se agrupan en catro módulos, os dous primeiros forman parte do “curso de formación”, o terceiro agrupa as “prácticas externas”, e no cuarto sitúase o “traballo de fin de máster”.
Os contidos e a duración dos módulos gardan relación directa coas materias que son máis habituais no exercicio profesional inmediato ao que pretende acceder o alumno do máster; as directrices do Consello Xeral da Avogacía Española sobre prácticas de iniciación á avogacía; as proporcións establecidos nos modelos orientadores de avaliación que figuran na web do Ministerio de Xustiza; e coas competencias e duracións fixadas na Lei 34/2006 e no Regulamento de desenvolvemento.
En concreto, os módulos I e II coinciden coas dúas grandes áreas temáticas que inciden directamente na aprendizaxe do exercicio profesional: a introdución ao exercicio profesional e a deontoloxía e a práctica xurídica nos diversos ámbitos do dereito privado e do dereito público.
A distribución das materias é por semestres.
A organización do plan ten a conseguir que, dende e inicio, o alumno/a se desenvolva nas técnicas propias do exercicio da profesión de avogado, de tal forma que tanto a deontoloxía, como aqueles coñecementos, técnicas, habilidades e aptitudes que son imprescindibles para a práctica e que son a base do resto de materias que presentan unha maior especialización. Tamén se incardinan no primeiro semestre a adquisición dos coñecementos, habilidades e aptitudes inherentes ao exercicio profesional nas catro ordes xurisdicionais (civil, penal, administrativo e laboral). Preténdese que o alumno/a adquira os rudimentos básicos para saber conducirse nestes ámbitos do exercicio da profesión, que logo se vai poder complementar coas materias programadas para o segundo semestre.
No segundo semestre o alumno afondará nos coñecementos adquiridos durante o primeiro semestre mediante o estudo daquelas materias que requiren unha maior especialización e que son continuación, nunha porcentaxe importante, das impartidas durante o primeiro semestre, pero nas que xa, partindo dos coñecementos máis xerais adquiridos con anterioridade, se pretende unha maior concreción, especialización e afondamento, sobre a base da habitualidade con que os seus temas e contidos se presentan na práctica.
Ao mesmo tempo, trátase de que o alumno teña xa un primeiro contacto co mundo profesional exterior, mediante a realización de dous breves períodos de prácticas externas. Un lévase a cabo nas asesorías e gabinetes xurídicos das diferentes administracións públicas, que lle posibiliten coñecer a armazón da Administración por dentro e, en particular, o labor dos seus letrados e asesores xurídicos. Esta primeira experiencia profesional permitirá ao alumno coñecer a forma de resolver os conflitos xurídicos que emprega a Administración, e que, con gran probabilidade, será un dos seus ámbitos de traballo durante o exercicio profesional. O outro de desenvolve en órganos xurisdicionais, co fin de coñecer in situ como se desenvolven os procesos e o traballo dos órganos xurisdicionais, que tamén van constituír un dos seus campos máis habituais de traballo e de relación con compañeiros e outros profesionais.
Como se pode observar, a programación pretende que o alumno avance nos coñecementos de forma paulatina e organizada, de tal maneira que as competencias esixidas se adquiran de forma lóxica e sistemática, e que do mesmo modo se vaian alcanzando os obxectivos propostos. Igualmente, preténdese conectar xa dende os seus inicios o alumno co mundo profesional, mediante a facilitación da realización de períodos breves de prácticas externas no segundo semestre.
O terceiro semestre está dedicado, seguindo as orientacións da ANECA neste sentido, na súa maior parte á plena inserción do alumno no exercicio profesional, mediante a realización de dous amplos períodos de prácticas externas en despachos profesionais, posibilitándolle ao alumno poñer en valor e desenvolver os coñecementos, técnicas, habilidades e actitudes adquiridas durante os dous semestres anteriores.
Insírese neste último semestre, tamén o Traballo Fin de Máster, que se pretende teña un dobre carácter: como ferramenta para comprobar a asimilación dos coñecementos, técnicas, habilidades e actitudes impartidas ao longo do Máster e como medio para comprobar a capacidade de investigación, interdisciplinariedade, solución de problemas… do alumno. A Coordinación do Máster fará cada curso unha oferta de traballos, tendo en conta os contidos formativos incluídos no plan de estudos e de titores.
A) Módulos e materias
Módulo | Créditos | Carácter | Semestre |
I. Introdución ao exercicio profesional e deontoloxía | 12.00 | OB | 1º e 2º |
II. Práctica Xurídica | 42.00 | OB | 1º e 2º |
III. Prácticas Externas | 30.00 | OB | 2º e 3º |
IV. Traballo Fin de Máster | 6.00 | OB | 3º |
P3341M01 Módulo I: Introdución ao exercicio profesional e deontoloxía
Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia |
P3341101 | Introdución ao exercicio profesional e turno de oficio | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
P3341102 | Deontoloxía profesional e réxime de responsabilidade | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
P3341103 | Xestións profesionais e medios alternativos de solución de conflitos | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
P3341104 | Escritura e oratoria forense | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
P3341M02 Módulo II: Práctica Xurídica
Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia |
P3341105 | Práctica xurídica civil I | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
P3341106 | Práctica xurídica civil II | 6.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
P3341107 | Práctica xurídica mercantil | 4.50 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
P3341108 | Práctica xurídica laboral I | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
P3341109 | Práctica xurídica laboral II | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
P3341110 | Práctica xurídica administrativa I | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
P3341111 | Práctica xurídica administrativa II | 6.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
P3341112 | Práctica xurídica penal I | 4.50 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
P3341113 | Práctica xurídica penal II | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
P3341114 | Práctica xurídica tributaria, constitucional, internacional e da Unión Europea | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
P3341M03 Módulo III: Prácticas Externas
Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia |
P3341115 | Prácticas externas en administracións públicas | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
P3341116 | Prácticas externas en órganos xurisdicionais | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
P3341117 | Prácticas externas en despachos de avogados (I) | 12.00 | OB | 1SG | 2 | |
P3341118 | Prácticas externas en despachos de avogados (II) | 12.00 | OB | 1SG | 2 |
P3341M04 Módulo IV: Traballo Fin de Máster
Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia |
P3341119 | Traballo Fin de Máster | 6.00 | OB | TFGM | 2 |
Lenda
1SG: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
OB: Obrigatoria
OFERTA.1: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
NINM: Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
B) Distribución das materias por semestres
Primer semestre (1º ano)
- Introdución ao exercicio profesional e turno de oficio
- Deontoloxía profesional e réxime de responsabilidade
- Escritura e oratoria forense
- Práctica xurídica civil I
- Práctica xurídica mercantil
- Práctica xurídica laboral I
- Práctica xurídica administrativa I
- Práctica xurídica penal I
Segundo semestre (1º ano):
- Xestións profesionais e medios alternativos de solución de conflitos
- Práctica xurídica civil II
- Práctica xurídica laboral II
- Práctica xurídica administrativa II
- Práctica xurídica penal II
- Práctica xurídica tributaria, constitucional, internacional e da Unión Europea
- Prácticas externas en administracións públicas
- Prácticas externas en órganos xurisdicionais
Primer semestre (2º ano)
- Prácticas externas en despachos de avogados (I)
- Prácticas externas en despachos de avogados (II)
- Traballo Fin de Máster
C) Guía docente de cada materia
Consultar o apartado “Módulos e materias” da web para acceder ás guías docentes