Máster oficial en Avogacía 2021-2023

MATRÍCULA

A. CURSO 2021-2023 (Primeiro ano da X promoción):

 

O prazo para solicitar praza no MÁSTER UNIVERSITARIO EN AVOGACÍA para o curso 2021-2023 será dende o 7 DE XUÑO AO 20 DE XULLO DO 2021.

 

  1. Solicitude de praza

Os alumnos e alumnas que desexen cursar este máster durante o vindeiro curso 2021-2023 deberán consignar os datos para a matrícula na Secretaría Virtual da USC, a través da páxina https://matricula.usc.es/LoginX/Login.asp no prazo anteriormente indicado: do 7 de xuño ao 20 de xullo do 2021.

NOTA IMPORTANTE: O alumnado da USC matriculado no curso académico 2020/21 que estea en condicións de rematar os estudos que lle dan acceso ao máster na convocatoria de xullo, poderá solicitar a admisión e no seu caso matricularse sen ter feito o depósito de título. Esta matrícula estará condicionada a que aboen os dereitos de expedición do título de acceso coa data límite do 13 de agosto de 2021. 

Para os efectos de adxudicación de prazas, a nota media do expediente dos alumnos da USC aos que se refire o parágrafo anterior, se actualizará automaticamente con data de 21 de xullo de 2021.

  1. Publicación de admitidos

Unha vez solicitada a praza, publicarase a listaxe de alumnos/as admitidos na páxina web da USC o día 29 de xullo do 2021.

  1. Formalización da matrícula

Os alumnos/as que figuren na listaxe de admitidos deberán formalizar a súa matrícula nos días 30 de xullo ao 2 de agosto do 2021 a través da seguinte ligazón: www.usc.es/matrícula

Considerarase  que os alumnos que non aboen os prezos no davandito prazo desisten e, polo tanto, decaen nos seus dereitos respecto da praza adxudicada, que poderá ser ofertada a outros alumnos. Consonte as normas xerais, a matrícula estará condicionada á posterior verificación dos datos declarados na solicitude.

  1. Matrícula para as prazas vacantes

En caso de que non se completaran a totalidade das prazas, os alumnos/as admitidos que o desexen poderán matricularse nas prazas vacantes a partir do 4 de agosto do 2021.

**Ampliación do prazo para a matrícula das prazas vacantes do 21 de setembro ao 1 de outubro: naqueles másteres nos que existan vacantes, a petición do coordinador do Máster, poderase ampliar o prazo de matrícula ata o día 6 de outubro.

Para coñecer as condicións pode informarse a través do correo electrónico epjdir@usc.es ou do teléfono 881814675.

  1. Documentación

Os alumnos/as que soliciten praza para cursar o máster de abogacía deberán, no momento de solicitar praza na web da USC (do 7 de xuño ao 20 de xullo do 2021), aportar electronicamente a seguinte documentación:

  • Expediente académico
  • Curriculum
  • Experiencia profesional no campo da titulación
  • Carta de motivación

Entenderase que, o alumno/a que non envíe ninguna documentación desexa ser valorado únicamente polo expediente académico do que dispón a USC ou polo declarado na solicitude.

Calquera omisión ou falsidade na declaración dos datos da titulación de acceso ou do expediente académico, curriculum ou experiencia profesional que induza a facer unha valoración incorrecta, poderá dar lugar á anulación da matrícula e, cando proceda, á exclusión do proceso de adxudicación de prazas.

  1. Prezos

O último Decreto publicado pola Consellería de educación, universidade e formación profesional é o DECRETO 102/2020, do 9 de xullo, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2020/21, que establece:

  • Prezo dun crédito: 9,85 €
  • Primeiro ano: 60 créditos x 9,85 € = 591 €
  • Prezo total do máster (90 créditos): 886,5 €
  • Taxas administrativas: 22,31 €
  • Taxas administrativas maiores de 28 anos: 16 €

Está pendente de publicación o novo Decreto que regule os prezos para o curso académico 2021/22.

  1. Pagamento fraccionado da matrícula

Os alumnos e alumnas, no momento de formalizar a martícula no primeiro prazo, poderán optar polo pagamento íntegro ou fraccionado en tres prazos.

Este importe poderá aboarse tanto en efectivo, mediante domiciliación bancaria ou ben con tarxeta de débito ou crédito. No caso de facerse en efectivo, deberase realizar en calquera das catro entidades bancarias colaboradoras coa USC: Abanca, Caixa Rural Galega, La Caixa ou Banco Santander.

No suposto de optar polo pagamento fraccionado, o primeiro prazo efectuarase polo importe correspondente ao 50%, nos días seguintes ao de ter feita a matrícula; o segundo prazo, será polo importe do 25%; e o terceiro prazo, a polo restante 25%.

  1. Máis información

O alumnado que desexe cursar este máster pode atopar toda a información, ademáis de nesta páxina web (www.epxsantiago.org), nas que aparecen a continuación:

http://www.usc.es/gl/servizos/oiu/cm/calm.html (calendario de prazos de admisión e matrícula)

https://matricula.usc.es/LoginX/Login.asp (admisión e matrícula)

https://www.usc.gal/gl/centros/dereito/titulacions.html?plan=14745&estudio=14746&codEstudio=14246&valor=9 (criterios de admisión)

https://www.usc.gal/gl/estudos/masteres/ciencias-sociais-xuridicas/master-universitario-avogacia (información xeral sobre o máster de avogacía)