Máster oficial en Avogacía 2018-2020

EXAME DE ACCESO

PROBAS DE ACCESO Á AVOGACÍA 2020

O día 4 de xullo de 2020 celebrouse o primeiro exame de acceso á Avogacía en formato online debido ás circunstancias sanitarias.

Dende o 6 de xullo de 2020 está dispoñible na plataforma da UNED e na web do Ministerio de Xustiza a plantilla das preguntas coas respostas provisionais. Pode acceder ás mesmas a través da seguinte ligazón: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/servicios-ciudadano/tramites-gestiones-personales/acceso-profesion-abogado

Estas plantillas, dispoñibles nos distintos idiomas cooficiais, conteñen as respostas correctas resaltadas coa cor vermella. Os aspirantes teñen un prazo de 5 días hábiles, a contar dende o día seguinte da súa publicación, para poder presentar as impugnacións que estimen oportunas respecto á formulación das preguntas e das correspondientes respostas correctas. Para isto será necesario cumplimentar unicamente o modelo de solicitude de impugnación que figura na páxina web da Abogacía Española e remitilo á seguinte dirección: acceso.abogacia@mjusticia.es

Para máis información acerca das impugnacións e a súa resolución: https://www.abogacia.es/actualidad/noticias/publicadas-las-plantillas-del-examen-de-acceso-a-la-abogacia/


O sábado 4 de xullo de 2020 terá lugar a celebración do exame de acceso á Avogacía, correspondente á primeira convocatoria de 2020. A proba será en liña e levarase a cabo de forma síncrona en todo o territorio nacional.  A EPX programará sesión de apoio para a preparación da proba polo alumnado do MUA (15-19 xuño).

Como se comunicou oportunamente pola Escola de Práctica Xurídica de Santiago ao alumnado do Máster universitario en Avogacía impartido pola USC e o ICA Santiago (en colaboración coa EPX), a celebración da proba de avaliación de aptitude profesional para o exercicio da profesión de Avogado para o ano 2020, que fora convocada para o  día 28 de marzo de 2020 polo Ministerio de Xustiza, suspendeuse sine die por Resolución de 10 de marzo de 2020, da Dirección Xeral para o Servizo Público de Xustiza.

Con data 5 de maio de 2020 o Ministerio de Xustiza publicou unha nota de prensa na que informa da celebración do exame de acceso á Avogacía, correspondente á primeira convocatoria de 2020, o sábado 4 de xullo e de forma online, grazas ao acordo que asinará o Ministerio de Xustiza coa UNED que ofrecerá a plataforma e o soporte tecnolóxico necesario. A proba levarase a cabo de forma síncrona en todo o territorio nacional.

Para axudar ao alumnado do MUA (2018/2020) a preparar a proba de acceso á Avogacía, a Escola de Práctica Xurídica de Santiago programará sesións de apoio á preparación por especialidades xurídicas, das que se informará oportunamente ao alumnado. Ditas sesións terán lugar durante a semana do 15 ao 19 de xuño, a través da plataforma Microsoft Teams, de non ser posible presencialmente.

Os detalles da convocatoria e desenvolvemento da proba serán informados polo Ministerio de Xustiza a través da súa páxina web:

https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/servicios-ciudadano/tramites-gestiones-personales/acceso-profesion-abogado

 


 

PRIMEIRA CONVOCATORIA PARA O EXAME DE ACCESO Á AVOGACÍA 2020

Convocatoria BOE: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2019-18661

Informamos de que o día 28 de decembro de 2019 saiu publicada a convocatoria da primeira proba de avaliación de aptitude profesional para o exercicio da profesión de avogado para o ano 2020.

O prazo de presentación de solicitudes de inscripción na avaliación será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao de publicación desta convocatoria no «Boletín Oficial del Estado» A non presentación da solicitude de inscripción en tempo e forma será causa de exclusión do aspirante.