Máster oficial en Avogacía 2018-2020

PLAN DE ESTUDOS

Os 90 ECTS da titulación distribúense en 19 materias obrigatorias, que á súa vez se agrupan en catro módulos, os dous primeiros forman parte do “curso de formación”, o terceiro agrupa as “prácticas externas”, e no cuarto sitúase o “traballo de fin de máster”.

Os contidos e a duración dos módulos gardan relación directa coas materias que son máis habituais no exercicio profesional inmediato ao que pretende acceder o alumno do máster; as directrices do Consello Xeral da Avogacía Española sobre prácticas de iniciación á avogacía; as proporcións establecidos nos modelos orientadores de avaliación que figuran na web do Ministerio de Xustiza; e coas competencias e duracións fixadas na Lei 34/2006 e no Regulamento de desenvolvemento.

En concreto, os módulos I e II coinciden coas dúas grandes áreas temáticas que inciden directamente na aprendizaxe do exercicio profesional: a introdución ao exercicio profesional e a deontoloxía e a práctica xurídica nos diversos ámbitos do dereito privado e do dereito público.

A distribución das materias é por semestres.

A organización do plan ten a conseguir que, dende e inicio, o alumno/a se desenvolva nas técnicas propias do exercicio da profesión de avogado, de tal forma que tanto a deontoloxía, como aqueles coñecementos, técnicas, habilidades e aptitudes que son imprescindibles para a práctica e que son a base do resto de materias que presentan unha maior especialización. Tamén se incardinan no primeiro semestre a adquisición dos coñecementos, habilidades e aptitudes inherentes ao exercicio profesional nas catro ordes xurisdicionais (civil, penal, administrativo e laboral). Preténdese que o alumno/a adquira os rudimentos básicos para saber conducirse nestes ámbitos do exercicio da profesión, que logo se vai poder complementar coas materias programadas para o segundo semestre.

No segundo semestre o alumno afondará nos coñecementos adquiridos durante o primeiro semestre mediante o estudo daquelas materias que requiren unha maior especialización e que son continuación, nunha porcentaxe importante, das impartidas durante o primeiro semestre, pero nas que xa, partindo dos coñecementos máis xerais adquiridos con anterioridade, se pretende unha maior concreción, especialización e afondamento, sobre a base da habitualidade con que os seus temas e contidos se presentan na práctica.

Ao mesmo tempo, trátase de que o alumno teña xa un primeiro contacto co mundo profesional exterior, mediante a realización de dous breves períodos de prácticas externas. Un lévase a cabo nas asesorías e gabinetes xurídicos das diferentes administracións públicas, que lle posibiliten coñecer a armazón da Administración por dentro e, en particular, o labor dos seus letrados e asesores xurídicos. Esta primeira experiencia profesional permitirá ao alumno coñecer a forma de resolver os conflitos xurídicos que emprega a Administración, e que, con gran probabilidade, será un dos seus ámbitos de traballo durante o exercicio profesional. O outro de desenvolve en órganos xurisdicionais, co fin de coñecer in situ como se desenvolven os procesos e o traballo dos órganos xurisdicionais, que tamén van constituír un dos seus campos máis habituais de traballo e de relación con compañeiros e outros profesionais.

Como se pode observar, a programación pretende que o alumno avance nos coñecementos de forma paulatina e organizada, de tal maneira que as competencias esixidas se adquiran de forma lóxica e sistemática, e que do mesmo modo se vaian alcanzando os obxectivos propostos. Igualmente, preténdese conectar xa dende os seus inicios o alumno co mundo profesional, mediante a facilitación da realización de períodos breves de prácticas externas no segundo semestre.

O terceiro semestre está dedicado, seguindo as orientacións da ANECA neste sentido, na súa maior parte á plena inserción do alumno no exercicio profesional, mediante a realización de dous amplos períodos de prácticas externas en despachos profesionais, posibilitándolle ao alumno poñer en valor e desenvolver os coñecementos, técnicas, habilidades e actitudes adquiridas durante os dous semestres anteriores.

Insírese neste último semestre, tamén o Traballo Fin de Máster, que se pretende teña un dobre carácter: como ferramenta para comprobar a asimilación dos coñecementos, técnicas, habilidades e actitudes impartidas ao longo do Máster e como medio para comprobar a capacidade de investigación, interdisciplinariedade, solución de problemas… do alumno. A Coordinación do Máster fará cada curso unha oferta de traballos, tendo en conta os contidos formativos incluídos no plan de estudos e de titores.

A) Módulos e materias

Módulo Créditos Carácter Semestre
I. Introdución ao exercicio profesional e deontoloxía 12.00 OB 1º e 2º
II. Práctica Xurídica 42.00 OB 1º e 2º
III. Prácticas Externas 30.00 OB 2º e 3º
IV. Traballo Fin de Máster 6.00 OB

P3341M01 Módulo I: Introdución ao exercicio profesional e deontoloxía

Código Nome Créditos Carácter Período Curso Docencia
P3341101 Introdución ao exercicio profesional e turno de oficio 3.00 OB 1SG 1 OFERTA.1
P3341102 Deontoloxía profesional e réxime de responsabilidade 3.00 OB 1SG 1 OFERTA.1
P3341103 Xestións profesionais e medios alternativos de solución de conflitos 3.00 OB 2SG 1 OFERTA.1
P3341104 Escritura e oratoria forense 3.00 OB 1SG 1 OFERTA.1

P3341M02 Módulo II: Práctica Xurídica

Código Nome Créditos Carácter Período Curso Docencia
P3341105 Práctica xurídica civil I 6.00 OB 1SG 1 OFERTA.1
P3341106 Práctica xurídica civil II 6.00 OB 2SG 1 OFERTA.1
P3341107 Práctica xurídica mercantil 4.50 OB 1SG 1 OFERTA.1
P3341108 Práctica xurídica laboral I 3.00 OB 1SG 1 OFERTA.1
P3341109 Práctica xurídica laboral II 3.00 OB 2SG 1 OFERTA.1
P3341110 Práctica xurídica administrativa I 3.00 OB 1SG 1 OFERTA.1
P3341111 Práctica xurídica administrativa II 6.00 OB 2SG 1 OFERTA.1
P3341112 Práctica xurídica penal I 4.50 OB 1SG 1 OFERTA.1
P3341113 Práctica xurídica penal II 3.00 OB 2SG 1 OFERTA.1
P3341114 Práctica xurídica tributaria, constitucional, internacional e da Unión Europea 3.00 OB 2SG 1 OFERTA.1

P3341M03 Módulo III: Prácticas Externas

Código Nome Créditos Carácter Período Curso Docencia
P3341115 Prácticas externas en administracións públicas 3.00 OB 2SG 1 OFERTA.1
P3341116 Prácticas externas en órganos xurisdicionais 3.00 OB 2SG 1 OFERTA.1
P3341117 Prácticas externas en despachos de avogados (I) 12.00 OB 1SG 2
P3341118 Prácticas externas en despachos de avogados (II) 12.00 OB 1SG 2

P3341M04 Módulo IV: Traballo Fin de Máster

Código Nome Créditos Carácter Período Curso Docencia
P3341119 Traballo Fin de Máster 6.00 OB TFGM 2

Lenda
1SG: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
OB: Obrigatoria
OFERTA.1: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
NINM: Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable

B) Distribución das materias por semestres

Primer semestre (1º ano)

Segundo semestre (1º ano):

Primer semestre (2º ano)

 

C) Guía docente de cada materia

Consultar o apartado “Módulos e materias” da web para acceder ás guías docentes