Máster oficial en Avogacía 2015-2017

MATRÍCULA

Trátase dun máster con límite de prazas. A súa oferta comprende ata un máximo de 60 prazas.

Das 60 prazas ofertadas, o 15% poderá cubrirse na modalidade de «tempo parcial», isto é, matriculándose nun número inferior aos créditos ofertados. Nesta modalidade deberá completarse a totalidade dos créditos do máster nun período máximo de tres anos.

CURSO 2015-2016 (Primeiro ano da cuarta promoción):

  1. Solicitude de praza:

Os alumnos e alumnas que desexen cursar este máster durante o curso 2015-2016 deberán consignar os datos para a matrícula na Secretaría Virtual da USC, a través da páxina http://www.usc.es/matricula (sección «máster universitario» >admisión e matrícula), no seguinte prazo: do 7 de xullo ao 7 de agosto de 2015.

Deberán declarar os datos do seu expediente académico correspondente á titulación universitaria que lles dá acceso, e realizarán a matrícula provisoria.

  1. Publicación de adxudicacións de prazas:

A publicación da adxudicación de prazas entre as persoas matriculadas de forma provisional realizarase o día 11 de agosto de 2015.

  1. Matrícula admitidos

A matrícula será provisoria e só producirá efectos plenos no momento en que se proceda á adxudicación definitiva das prazas, de serlle adxudicada praza ao alumno ou alumna.

O prazo para aboar os prezos públicos por matrícula permanecerá aberto do 12 ao 21 de agosto de 2015. Considerarase que os alumnos que non aboen os prezos no devandito prazo desisten e, polo tanto, decaen nos seus dereitos respecto da praza adxudicada, que poderá ser ofertada a outros alumnos. Consonte as normas xerais, a matrícula estará condicionada á posterior verificación dos datos declarados na solicitude.

  1. Matrícula en vacantes:

No caso de que non se matriculasen todos os alumnos admitidos na primeira convocatoria, se hai lista de agarda, as prazas vacantes asignaranse en segunda convocatoria entre os alumnos da lista de agarda por orde de matrícula no prazo que vai do 18 ao 20 de agosto de 2015, e en terceira convocatoria do 21 ao 22 de agosto, ata completar o número total de prazas ofertadas.

Se rematado este prazo quedaran vacantes (naquel caso de que haxa menos solicitudes que prazas), non haberá listaxe de agarda, e o alumnado sen solicitude previa poderá matricularse por orde de inscrición ata que se cubran as prazas ou ata o fin do prazo de vacantes que vai dende o 18 de agosto ao 17 de setembro de 2015.

  1. Documentación:

As persoas matriculadas que cursaron os estudos declarados para o acceso noutra universidade deberán remitir ou entregar na Unidade de Xestión Académica correspondente, no prazo de dez días seguintes á realización da matrícula, a seguinte documentación:

  • Fotocopia compulsada do seu título universitario ou da certificación acreditativa do pagamento dos dereitos para a súa expedición.
  • Certificación académica dos estudos cursados na que figuren todas as materias cursadas e as cualificacións obtidas na titulación declarada para o acceso ao máster.

As persoas matriculadas que cursaron os estudos de acceso na USC non terán que achegar ningunha documentación.

Calquera omisión ou falsidade na declaración dos datos da titulación de acceso ou do expediente académico que induza a facer unha valoración de expediente incorrecta, poderá dar lugar á anulación da matrícula e, cando proceda, á exclusión do proceso de adxudicación de prazas.

  1. Prezos:

Segundo o disposto no DECRETO 90/2015, de 18 de xuño, polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos que conducen á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional na ensinanza universitaria para o curso 2015/16.

  • Prezo dun crédito: 20,25 €
  • Primeiro ano = 60 créditos x 20,25 € = 1.215 €
  • Prezo total do máster (90 créditos) = 1.822,50 €
  • Taxas administrativas: 28,22 €
  • Taxas administrativas maiores de 28 anos: 42,10 €
  1. Pagamento fraccionado da matrícula:

Os alumnos e alumnas, no momento de presentar a solicitude da matrícula no primeiro prazo, poderán optar polo pagamento íntegro ou fraccionado en tres prazos.

Este importe poderá aboarse en efectivo, mediante domiciliación bancaria ou con tarxeta de débito ou de crédito. De facerse en efectivo, deberá realizarse en calquera das catro entidades bancarias colaboradoras coa USC, isto é, Novagalicia Banco, Caixa Rural Galega, La Caixa e Banco Santander.

No suposto de optar polo pagamento fraccionado, o primeiro prazo efectuarase polo importe correspondente ao 50%, nos dez días seguintes ao de ter feita a matrícula; o segundo prazo, aboarase no mes de decembro polo importe do 25%; e o terceiro prazo, na primeira quincena de marzo, polo restante 25%.

  1. Máis información:

Matrícula – Admisión

Prezos Públicos

CURSO 2016-2017 (Segundo ano da cuarta promoción):

  1. Matrícula continuación de estudos:

As datas de matrícula para a continuación de estudos é do 4 de xullo ao  2 de setembro de 2016

Prazos (Admisión e matrícula)

  1. Prezos:

Está pendente de publicarse o DECRETO polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos que conducen á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional na ensinanza universitaria para o curso 2016/17.

A modo orientativo os prezos establecidos no DECRETO 90/2015, de 18 de xuño, polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos que conducen á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional na ensinanza universitaria para o curso pasado 2015/16 foron:

  • Prezo dun crédito: 20,25 €
  • Segundo ano = 30 créditos x 20,25 € = 607,50 €
  • Prezo total do máster (90 créditos) = 1.822,50 €
  • Taxas administrativas: 28,22 €
  • Taxas administrativas maiores de 28 anos: 42,10 €

 

  1. Pagamento fraccionado da matrícula

Os alumnos e alumnas, no momento de presentar a solicitude da matrícula no primeiro prazo, poderán optar polo pagamento íntegro ou fraccionado en tres prazos.

Este importe poderá aboarse en efectivo, mediante domiciliación bancaria ou con tarxeta de débito ou de crédito. De facerse en efectivo, deberá realizarse en calquera das catro entidades bancarias colaboradoras coa USC, isto é, Novagalicia Banco, Caixa Rural Galega, La Caixa e Banco Santander.

No suposto de optar polo pagamento fraccionado, o primeiro prazo efectuarase polo importe correspondente ao 50%, nos dez días seguintes ao de ter feita a matrícula; o segundo prazo, aboarase no mes de decembro polo importe do 25%; e o terceiro prazo, na primeira quincena de marzo, polo restante 25%.