Máster oficial en Avogacía 2015-2017
OBXECTIVOS
O Máster universitario en Avogacía ten como orientación xeral a transmisión ao alumno dos coñecementos, competencias, aptitudes, habilidades e destrezas que lle permitan:
- O exercicio da profesión de avogado, con suxeición ás normas deontolóxicas e estatutarias, nos ámbitos que lle son propios: asesoramento e consello xurídico, e dirección e defensa dos dereitos das partes en toda clase de procesos xudiciais e de actuacións extraxudiciais nos que a normativa vixente impoña ou faculte a intervención de avogado.
- Manexar con eficacia, responsabilidade e seguridade as técnicas e modos de actuación profesional propios da avogacía.
- Adquirir unha mecánica de razoamento xurídico e, en consecuencia, obter unha base xenérica da práctica xurídica en todas as materias propias do dereito positivo, para que simultánea e paulatinamente poida aspirar á especialización.
- Adquirir contactos profesionais que lles posibiliten introducirse na profesión da man de compañeiros máis experimentados, ao tempo que propician o achegamento entre os avogados novos e os máis veteranos, o que desemboca en colaboracións profesionais futuras.
Partindo destes obxectivos, establécense as competencias básicas, xerais, transversais e específicas que se desenvolven a continuación.
- A) Competencias básicas
CB1. Ter adquirido coñecementos avanzados e ter demostrado, no contexto do exercicio da avogacía, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo.
CB2. Saber aplicar e integrar os seus coñecementos, a comprensión destes, a súa fundamentación e as súas capacidades de resolución de problemas en ámbitos novos e definidos de forma imprecisa, incluíndo contextos de carácter multidisciplinar profesionais altamente especializados.
CB3. Saber avaliar e seleccionar a teoría axeitada e a metodoloxía precisa para formular xuízos a partir de información incompleta ou limitada, incluíndo, cando sexa preciso, unha reflexión sobre a responsabilidade social e deontolóxica ligada á solución que se propoña en cada caso.
CB4. Ser capaces de predicir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de novas metodoloxías de traballo, adaptadas ao ámbito profesional da avogacía.
CB5. Saber transmitir de modo claro e sen ambigüidades a un público, especializado ou, non as súas conclusións, coñecementos e razóns últimas que as sustentan.
CB6. Ser capaces de asumir a responsabilidade do seu propio desenvolvemento profesional e da súa especialización nun ou máis campos de actuación.
- B) Competencias xerais
CX1. Capacidade de traballo en equipo e de relación interpersoal nun contexto profesional.
CX2. Capacidade de iniciativa, creatividade, liderado, adaptación a novas situacións e espírito de superación.
CX3. Motivación pola calidade e a excelencia profesional. CG4. Capacidade de organización e planificación.
CX5. Compromiso ético e deontolóxico analizado, ademais, dende unha perspectiva solidaria.
CX6. Capacidade de obtención e xestión da información. CG7. Capacidade de comprensión, análise e síntese.
CX7. Capacidade de comprensión, análise e síntese.
CX8. Capacidade de resolución de problemas.
CX9. Desenvolvemento dos principios de lealdade e confidencialidade.
CX10. Capacidade de argumentar tanto de forma oral como escrita, cunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos, precisos, claros e comprensibles.
CX11. Desenvolvemento dun espírito crítico, lóxico e creativo.
CX12. Capacidade de manexo das tecnoloxías da información e comunicación no desenvolvemento da súa actividade laboral.
- C) Competencias transversais
CT1. Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
CT2. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida.
CT3. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseada no coñecemento e orientadas ao ben común.
CT4. Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
CT5. Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
CT6. Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
CT7. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
- D) Competencias específicas
De acordo co art.º 10 do Real Decreto 775/2011, os cursos de formación para o acceso á profesión de avogado garantirán a adquisición polo menos das seguintes competencias profesionais:
CE1. Posuír, comprender e desenvolver habilidades que posibiliten aplicar os coñecementos académicos especializados adquiridos no grao á realidade cambiante á que se enfrontan os avogados para evitar situacións de lesión, rego ou conflito en relación aos intereses encomendados ou o seu exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas e nas funcións de asesoramento.
CE2. Coñecer as técnicas dirixidas á indagación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedemento, especialmente a produción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais.
CE3. Coñecer e ser capaz de integrar a defensa dos dereitos dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicionais nacionais e internacionais.
CE4. Coñecer as diferentes técnicas de composición de intereses e saber encontrar solucións a problemas mediante métodos alternativos á vía xurisdicional.
CE5. Coñecer e saber aplicar os dereitos e deberes deontolóxicos profesionais nas relacións do avogado co cliente, as outras partes, o tribunal ou autoridade pública e entre avogados.
CE6. Coñecer e avaliar as distintas responsabilidades vinculadas ao exercicio da actividade profesional, incluíndo o funcionamento básico da asistencia xurídica gratuíta e a promoción da responsabilidade do avogado
CE7. Saber identificar os conflitos de intereses e coñecer as técnicas para a súa resolución, establecer o alcance do segredo profesional e da confidencialidade, e preservar ao independencia de criterio.
CE8. Saber identificar os requirimentos de prestación e organización determinantes para o asesoramento xurídico.
CE9. Coñecer e saber aplicar na práctica o ámbito organizativo, de xestión e comercial da profesión de avogado, así como o seu marco xurídico asociativo, fiscal, laboral e de protección de datos de carácter persoal.
CE10. Desenvolver destrezas e habilidades para a elección da estratexia correcta para a defensa dos dereitos dos clientes tendo en conta as esixencias dos distintos ámbitos da práctica profesional.
CE11. Desenvolver destrezas que permitan ao avogado mellorar a eficiencia se o seu traballo e potenciar o funcionamento global do equipo ou institución en que o desenvolve mediante o acceso a fontes de información, o coñecemento de idiomas, lle xestión do coñecemento e o manexo de técnicas e ferramentas aplicadas.
CE12. Coñecer, saber organizar e planificar os recursos individuais e colectivos dispoñibles para o exercicio nas súas distintas modalidades organizativas da profesión de avogado.
CE13. Saber expoñer de forma oral e escrita feitos, e extraer argumentalmente consecuencias xurídicas, en atención ao contexto e ao destinatario ao que vaian dirixidas, de acordo no seu caso coas modalidades propias de cada ámbito procedemental.
CE14. Saber desenvolver traballos profesionais en equipos específicos e interdisciplinares.
CE15. Saber desenvolver habilidades e destrezas interpersoais, que faciliten o exercicio da profesión de avogado nas súas relacións cos cidadáns, con outros profesionais e coas institucións.
Pola súa banda, o art. 14.2 º do Real Decreto 775/2011, fixa como obxectivos das prácticas externas, entre outros, os seguintes:
CE16. Enfrontarse a problemas deontolóxicos profesionais.
CE17. Familiarizarse co funcionamento e a problemática de institucións relacionadas co exercicio da profesión de avogado.
CE18. Coñecer a actividade doutros operadores xurídicos, así como de profesionais relacionados co exercicio da profesión de avogado.
CE19. Recibir información actualizada sobre o desenvolvemento da carreira profesional e as posibles liñas de actividade, así como acerca dos instrumentos para a súa xestión.
CE20. Desenvolver as competencias e habilidades necesarias para o exercicio profesional.
Ás devanditas competencias específicas, cabe engadir:
CE21. Coñecer os distintos medios de investigación e solvencia do contrario.
CE22. Coñecer o usus fori dos tribunais, organismos e oficinas públicas propias do lugar.
CE23. Dominio da terminoloxía xurídica máis usual.
CE24. Coñecemento das funcións propias do Avogado.
CE25. Dominio da organización institucional e colexial da avogacía española, autonómica e europea.
CE26. Coñecemento das condicións de acceso e exercicio da avogacía en España e en Europa e das distintas modalidades de exercicio profesional.
CE27. Dominio do funcionamento dos servizos correspondentes de oficio, asistencia ao detido e de orientación xurídica.
CE28. Adquisición de nocións sobre recursos humanos, mercadotecnia, captación e fidelización de clientes, comunicación, dirección estratéxica, xestión do tempo, dirección de equipos, e outras relacionadas coa xestión do despacho.
CE29. Análise e coñecemento das normas orientadoras dos honorarios profesionais e dos criterios que as inspiran e dominio dos mecanismos máis habituais para o cobramento de honorarios profesionais.