Máster oficial en Avogacía 2015-2017
BOLSAS DE COLABORACIÓN
Convocatoria polo Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de 10 bolsas de colaboración para o curso 2016-2017 para os alumnos/as das actividades formativas que imparte ou nas que colabora a Escola de Práctica Xurídica, financiadas polo propio Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.
- Solicitantes. – Poderán solicitar as bolsas de colaboración os alumnos/as das actividades formativas que imparte ou nas que colabora a Escola.
- Nº de Bolsas.- 10
- Contía das bolsas.- 300 €
- Duración da colaboración.- 100 horas
- Prazo de solicitude.- do 01 ao 03 de setembro de 2015
Exención de vinculación laboral: sen efectos xurídico laborais entre o bolseiro, a entidade patrocinadora ou a Escola de Práctica Xurídica.
Documentación a acompañar:*
- Curriculum vitae,
- Fotocopia do libro de familia,
- Copia completa da declaración do IRPF, referida ao ano 2014 dos membros que constitúen a unidade familiar a que pertence o solicitante, xunto coa folla de liquidación de ingresos selada pola entidade bancaria ou Delegación de Facenda na que foi presentada.
* A documentación deberá entregarse no Negociado da Escola de Práctica Xurídica.
Corresponde a Xerencia do ICA aclarar as normas presentes e ditar as precisas para o seu desenvolvemento