MUAP Horarios 2ª titoría TFM
A 2ª Titoría para a materia do TFM, nas especialidades de Civil, Procesual Civil, Mercantil, Administrativo, Penal, Procesual Penal e Laboral, realizarase nos horarios indicados e de xeito presencial nas instalacións da Escola de Práctica Xurídica.
MUAP Horarios 1ª titoría TFM
A 1ª Titoría para a materia do TFM, nas especialidades de Civil, Procesual Civil, Mercantil, Administrativo, Penal, Procesual Penal e Laboral, realizarase nos horarios indicados e de xeito presencial nas instalacións da Escola de Práctica Xurídica.
Inicio do MUAP 2026/2027. Últimas prazas vacantes.
O luns, 7 de setembro, deu comezo unha nova edición do MUAP. A nova promoción (2026-2028) iniciou a súa actividade formativa que se prolongará ata febreiro de 2028. Tamén a promoción 2025-2027 iniciou a súa continuación de estudos (segundo ano – 3º semestre).
Últimas prazas vacantes MUAP 2026/2027 (solicitude a partir do 20 de agosto)
Finalizado o prazo ordinario para reservar praza no MUAP (curso 2026/2027), impartido pola USC, o Colexio de Avogacía, o Colexio de Procuradores e a EPX, infórmase a posibles interesados/as que seguramente quedarán algunhas prazas sen cubrir. Estas prazas vacantes poden solicitarse a partir do 20 de agosto e cubriránse por riguroso orde de solicitude.
Nova edición do Máster Universitario en Avogacía e Procuradoría (2026/2028) – Prazas limitadas
Do 22 de xuño ao 16 de xullo abrirase o prazo para reservar unha das 60 prazas que oferta o MUAP, impartido pola Universidade de Santiago, o Colexio de Avogacía, o Colexio de Procuradores e a Escola de Práctica Xurídica.
DATA PROBA DE ACCESO Á AVOGACÍA – 2 de xullo de 2026
O Ministerio de Xustiza convocou aos aspirantes para a realización da proba de avaliación de aptitude profesional para o exercicio da profesión da Avogacía para o 2 de xullo de 2026.
Acto Institucional da EPX – 13 maio 2026
O mércores, 13 de maio de 2026, ás 19:00 h, tivo lugar o tradicional ACTO INSTITUCIONAL da EPX de Santiago de Compostela, para Despedir á 2ª Promoción (2024/2026) do MUAP e recoñecer a colaboración das institucións e profesionais que participan nas actividades formativas da Escola.
CONVOCADA A PRIMERIA PROBA DE ACCESO Á AVOGACÍA 2026
Publicouse no BOE do 31 de marzo, a Orde PJC/298/2026, do 24 de marzo, pola que se convoca a proba de avaliación de aptitude profeisonal para o exercicio da profesión da avogacía para o ano 2026, que se celebrará en liña de maneira sincrona, a través da plataforma AVEX da UNED.
Tribunal TFM, Calendario de Presentación e Defensa (febreiro 2026)
Publicación dos Tribunais de TFM e calendario de presentación e defensa dos traballos para os estudantes da 2ª edición do MUAP Santiago, febreiro 2026
Boas Festas e Feliz Aninovo 2026
A Dirección eo o persoal da Escola de Práctica Xurídica de Santiago de Compostela deséxache unas Boas Festas e un 2026 cheo de felicidade e de éxitos persoais e profesionais.
MUAP: Xuízos simulados 1º semestre (curso 2025/2026)
A Escola de Práctica Xurídica celebrará nos meses de novembro e decembro xuízos simulados correspondentes ás materias de Práctica Xurídica Mercantil, Civil I, Laboral I, Administrativo I e Penal I do Máster Universitario en Avogacía e Procuradoría (USC-ICA-ICP Santiago) nas salas de audiencias ubicadas nas instalacións da Escola.
Paula Refojo, 1º premio Excelencia Fundación Mutualidade pola súa investigación sobre propiedade intelectual na práctica xurídica.
Paula Refojo Otero, antiga estudante do Máster Universitario en Avogacía e Procuradoría (1ª edición, 2023-2025), foi distinguida co primeiro premio na XIII edición dos Premios á Excelencia Cátedra Fundación Mutualidad polo seu traballo “A problemática da propiedade intelectual sobre os escritos e informes elaborados polos avogados”, que aborda un tema de plena actualidade xurídica e profesional.
Tribunais TFM, Calendario de Presentación e Defensa (setembro 2025)
Publicación dos Tribunais de TFM e calendario de presentación e defensa dos traballos para os estudantes da 1ª edición do MUAP Santiago, setembro 2025
MUAP Santiago – Inicio das clases – Sesión de Benvida
As clases do MUAP de SANTIAGO (impartido pola USC en colaboración co ICA e o ICP de Santiago e a Escola de Práctica Xurídica de Santiago) iniciarán, para o estudantado da 3ª e 2ª promocións (curso 2025/2026) o luns, 08 de setembro de 2025.
23 de xuño, apertura prazo de inscripción na 3ªed. do Máster Universitario en Avogacía e Procuradoría (2025/2027)
O prazo para solicitar praza no MUAP para o curso 2024-2025 estará aberto do 20 de xuño ao 16 de xullo de 2024.
Calendario de Presentación e Defensa do TFM (xuño 2025)
Calendario de presentación e defensa dos Traballos Fin de Máster para os estudantes da 1ª edición do MUAP Santiago, xuño 2025















