PRÁCTICAS VOLUNTARIAS NOS CONCELLOS DA PROVINCIA DA CORUÑA
A dirección da Escola de Práctica Xurídica oferta un total de 10 prazas para realizar prácticas externas voluntarias en concellos da provincia da Coruña co financiamento da Deputación provincial de A Coruña durante os meses de xuño a setembro de 2021.
CURSO DE ESPECIALIZACIÓN EN LINGUAXE XURÍDICA GALEGA
O Colexio de Avogados de Santiago de Compostela (ICAS), en virtude do convenio asinado coa Xunta de Galicia en materia de normalización lingüística, vai impartir en colaboración coa Escola de Práctica Xurídica un curso de especialización en linguaxe xurídica galega.
CONVOCADA PARA O 5 DE XUÑO DE 2021 A REALIZACIÓN DA PROBA DE ACCESO A PROFESIÓN DE AVOGADO/A
Publicada a resolución da Directora Xeral para o Servizo Público de Xustiza pola que se publica a relación definitiva de admitidos e excluidos á proba de avaliación da aptitude profesional para o exercicio da profesión de avogado/a do ano 2021, convocada por Orden PCM/188/2021, de 2 de marzo, e determínase a data e hora para a realización da proba.
MUA: COMEZO XUÍZOS SIMULADOS 2º SEMESTRE (CURSO 2020/2021)
A Escola de Práctica Xurídica celebrará nos días 18 e 23 de marzo de 2021 os xuízos simulados correspondentes ás materias de Práctica Xurídica Penal II e Laboral II do Máster Universitario en Avogacía (USC-ICA Santiago) nas salas de audiencias situadas nas instalacións da Escola.
CONVOCATORIA PARA O EXAME DE ACCESO Á AVOGACÍA 2021
Publicación no Boletín Oficial do Estado da Orde PCM/188/2021, do 2 de marzo, pola que se convoca a proba de avaliación de aptitude profesional para o exercicio da profesión de Avogado/a para o ano 2021.
MUA: COMEZO DAS PRÁCTICAS EXTERNAS EN AA.PP. E XULGADOS (2020/2021)
Os/as alumnos/as da IX Promoción do Máster Universitario en Avogacía (2020/2022) comezan o día 1 de febreiro as súas prácticas externas en Administracións Públicas e en Órganos Xurisdicionais.
RETRASO DO INICIO DO SEGUNDO SEMESTRE (2020/2021)
O comezo da actividade docente teórico-práctica retrásase ata o día 8 de febreiro para os/as alumnos/as da IX promoción do MUA, que será na modalidade non presencial ata o día 12 de febreiro. O día 17 de febreiro xa se prevé a volta as aulas de forma presencial.
MUA: PRÁCTICAS EXTERNAS EN AA.PP. E XULGADOS
Hoxe, 19 de xaneiro de 2021, terá lugar a reunión on line (Microsoft Teams) para a elección dos órganos e dependencias onde cursarán as materias de “Prácticas externas en administracións públicas” e “Prácticas externas en órganos xurisdicionais” correspondentes ao segundo semestre (curso 2020/2021), do plan de estudos do Máster universitario en Avogacía que imparten conxuntamente a USC e o ICA Santiago, coa colaboración da EPX.
TRIBUNAIS TFM E CALENDARIO DE DEFENSA (Febreiro 2021)
Publicación dos Tribunais de TFM e calendario de defensa dos traballos para os alumnos/as da 8ª edición do MUA Santiago.
MUA: FINALIZACIÓN DO PRIMEIRO SEMESTRE DO CURSO 2020/2021
O día 22 de decembro de 2020 tivo lugar o remate das clases do primeiro semestre do curso 2020/2021.
MUA: XUÍZOS SIMULADOS 1º SEMESTRE (CURSO 2020/2021)
A Escola de Práctica Xurídica celebrou nos meses de novembro e decembro xuízos simulados correspondentes ás materias de Práctica Xurídica Mercantil, Civil I, Laboral I, Administrativo I e Penal I do Máster Universitario en Avogacía (USC-ICA Santiago) nas salas de audiencias ubicadas nas instalacións da Escola.
INICIO DO CURSO ACADÉMICO 2020/2021 VIII E IX PROMOCIÓN DO MUA
O día 21 de setembro de 2020 tivo lugar o comezo do curso académico 2020/2021 de forma presencial para os alumnos da VIII e IX Promoción do Máster Universitario en Avogacía
MUA 2019/2021: MATRÍCULA CONTINUACIÓN DE ESTUDOS E BOLSAS DE COLABORACIÓN
11 de setembro de 2020: finalización do prazo para matricularse en «continuación de estudos» MUA; Bolsas de colaboración: solicitude inmediata.
PRAZO PARA MATRICULARSE NO MÁSTER UNIVERSITARIO EN AVOGACÍA (2020-2022)
Xa se pode solicitar praza no MUA para o curso 2020-2021
MUA: EXÁMES FINAIS 2ª OPORTUNIDADE E DEFENSAS TFMs CURSO 2019/2020
Pode consultar toda a información no Campus Virtual da USC e na web da EPX
Proba de acceso á avogacía 2020 (on-line UNED) e sesións de apoio a preparación
O sábado 4 de xullo de 2020 terá lugar a celebración do exame de acceso á Avogacía, correspondente á primeira convocatoria de 2020. A proba será en liña e levarase a cabo de forma síncrona en todo o territorio nacional. A EPX programará sesión de apoio para a preparación da proba polo alumnado do MUA (15-19 xuño).















