O Fiscal Xeral do Estado asistirá ao Acto Institucional da EPX – 21 abril 2023, 19:00 h
O venres, 21 de abril de 2023, ás 19:00 h, terá lugar o tradicional ACTO INSTITUCIONAL da EPX de Santiago de Compostela, para Despedir á 10ª Promoción (2021/2023) do MUA e recoñecer a colaboración das institucións e profesionais que participan nas actividades formativas da Escola. O Acto contará tamén coa presenza do Fiscal Xeral do Estado.
XI Premios á Excelencia Cátedra Fundación Mutualidade Avogacía
O 9 de XULLO de 2023 remata o prazo para presentarse aos «PREMIOS Á EXCELENCIA CÁTEDRA FUNDACIÓN MUTUALIDADE AVOGACÍA»
CONVOCADA AS PROBAS DE ACCESO Á AVOGACÍA 2023
Publicouse no BOE do 22 de marzo, a Orde PCM/270/2023, do 21 de marzo, pola que se convoca a proba de avaliación para o exercicio da profesión da avogacía para o ano 2023, que se celebrará en liña de maneira sincrona, a través da plataforma AVEX da UNED.
MUA Santiago – apertura prazo de matrícula para alumnado estranxeiro alleo ao EEES (Curso 2023/24)
Publicación da convocatoria anticipada de admisión a estudos de máster oficial para o alumnado estranxeiro alleo ao EEES – 5 prazas para o MUA Santiago (Curso 2023/24)
Aberto prazo de inscripción 4ª ed. Lab Emprendemento Xurídico – Fundación Mutualidade Avogacía
Trátase de unha formación en liña, na que o alumnado recibirá unha formación única en emprendemento e innovación a través de a metodoloxía LEINN. O programa é gratuíto e desenvolverase nunha contorna real.
Formación en liña para o alumnado da Escola de Práctica Xurídica
A Fundación Mutualidade Avogacía convida o alumnado da EPX de Santiago de Compostela a participar no PRIMEIRO CAMPUS LEGAL DE 2023
Tribunal TFM, Calendario de Presentación e Defensa (febreiro 2023)
Publicación dos Tribunais de TFM e calendario de presentación e defensa dos traballos para os alumnos/as da 10ª edición do MUA Santiago, febreiro 2023
Unha nova alumna da EPX é seleccionada para un posto de traballo
O Departamento de Recursos Humanos do Grupo QUATRIUM vén de seleccionar a unha alumna da promoción 2020-2022 do MUA impartido pola USC, o ICA Santiago e a EPX.
Oferta dirixida a exalumnos da Escola
Selección de catro exalumnos da EPX. Os/as interesados/as poden poñerse en contacto coa EPX para ser tidos en conta no proceso de selección.
Javier R. Freire Sampayo, 2º premio da X edición do Premio Excelencia de Fundación Mutualidade da Avogacía.
Javier Roberto Freire Sampayo, alumno do MUA Santiago (promoción 2019-2021), gaña o 2º premio da X edición do Premio Excelencia de Fundación Mutualidade da Abogacía coa súa obra “Metaverso, una nueva realidad también para la abogacía”
Boas Festas e Feliz Aninovo 2023
A Dirección eo o persoal da Escola de Práctica Xurídica de Santiago de Compostela deséxache unas Boas Festas e un 2023 cheo de felicidad e de éxitos persoais e profesionais.
ALUMNADO DA EPX PARTICIPA «Conectad@s por Derecho» DA FUNDACIÓN MUTUALIDADE ABOGACÍA
A Escola de Practica Xurídica de Santiago de Compostela participou nestas xornadas de inmersión formativa e de networking, celebradas o pasado 15 e 16 de setembro na comunidade de Madrid.
MUA SANTIAGO – INICIO DAS CLASES – SESIÓN DE BENVIDA
As clases do MUA SANTIAGO (impartido pola USC en colaboración co ICA Santiago e a Escola de Práctica Xurídica de Santiago) iniciarán, para o alumnado das 10ª e 11ª promocións (curso 2022/2023) o luns, 5 de setembro de 2022.
ÚLTIMAS BOLSAS COLABORACIÓN E BOLSAS PRÁCTICAS EXTERNAS CONCELLOS
A Escola de Práctica Xurídica de Santiago oferta ó alumnado do MUA SANTIAGO, 10ª e 11ª edición, a posibilidade de acceder a varias BOLSAS DE COLABORACIÓN patrocinadas polo ICA Santiago así coma a posibilidade de realizar PRÁCTICAS EXTERNAS EXTRACURRICULARES EN CONCELLOS DA PROVINCIA DA CORUÑA durante os meses de setembro a decembro de 2022.
ÚLTIMAS PRAZAS VACANTES PARA MATRICULARSE NO «MUA» (2022/2024)
Última oportunidade para realizar a matricula do MUA XI edición (2022/2024).
ABERTO O PRAZO DE MATRICULA PARA A 11ª EDICIÓN DO «MUA» (2022/2024) E PARA CONTINUACIÓN DE ESTUDIOS (2021-2023)
Do 7 de xuño ao 19 de xullo de 2022 está aberto o prazo para solicitar praza na 11ª edición do Máster universitario en Avogacía (impartido pola Universidade de Santiago e o Colexio de Avogados de Santiago, en colaboración coa Escola de Práctica Xurídica), durante o bienio 2022/2024. As clases inician o día 5 de setembro de 2022.